Walter Bruce Willis, nado en Idar-Oberstein, Alemaña, o 19 de marzo de 1955, é un actor estadounidense.

Traxectoria Nado como Walter Bruce Willis nunha base militar estadounidense en Alemaña de pai americano e nai alemá. Foi o irmán máis vello de catro (tres nenos e unha nena), un dos cales, David Willis é produtor de cine. Creceu en Penns Grove, Nova Jersey onde demostrou ser un grande estudante, e onde tomou clases de teatro por primeira vez, que, non obstante, ó rematar os seus estudos secundarios non iría á universidade, senón que empezaría a traballar transportando traballadores nunha fábrica local, máis tarde como garda de seguridade nunha central eléctrica. E tamén tocando a harmónica cun grupo de R&B chamado Loose Goose. Máis tarde, botando en falla a actuación, estudou arte dramática na Universidade Estatal de Montclair, da cal marchou a Nova York para comezar a súa carreira de actor.

Fixo o seu debut no cine na película The First Deadly Sin (1980), non obstante o público empezou a fixarse nel cando interpretou un papel na serie de TV Miami Vice, o que lle serviu de trampolín para conseguir o papel protagonista na afamada serie da ABC Moonlight (1985-1989). E no ano 1988 cando conseguiu o papel de John McLane na película de acción Die Hard, que acabaría marcando a súa carreira, no que redefine o heroe de acción como un home vulnerable e case sempre á beira do erro. Máis tarde, no ano 1989, Willis explorou a súa parte cómica na película Mira quen fala.

No ano 1987 casa coa súa noiva, a tamén actriz Demi Moore, coa que tivo tres fillos antes do seu divorcio no ano 2000.

No ano 1990 Willis empeza un período de altibaixos, primeiro co fracaso de crítica e público The Bonfire of the Vanities (1990), seguido do grande éxito The Last Boy Scout (1991), e un novo fracaso con Hudson Hawk (1991). E tamén neste período cando Bruce Willis ofreceu dúas das súas mellores actuacións, primeiro en Mortal Thoughts (1991), na que compartiu protagonismo coa súa muller Demi Moore, e máis tarde con Billy Bathgate (1991), non obstante o público dálle as costas. miniatura|Bruce Willis cantando. Tras esta fase de incerteza a fama de Willis parecía ir decrecendo, non obstante volveu dar mostra da súa calidade como actor no filme de 1994 Pulp Fiction, dirixido por Quentin Tarantino. Tras este éxito Willis parece atopar de novo o rumbo e sorprende coa súa interpretación na película 12 Monkeys (1995), na que compartiu protagonismo con Brad Pitt. Estas dúas películas pareceron ser un espellismo pois as súas seguintes películas deron pobre resultado tanto en público como en crítica.

Porén, Willis volveu demostrar ser un moderno Ave Fénix coa súa interpretación no grande éxito Armageddon (1998), que recadou 200 millóns de dólares, e despois coa película O sexto sentido (1999), que lle valeu o recoñecemento por parte da crítica.

Tras películas como A guerra de Hart (2002), Bágoas do sol (2003), e Sin City (2005), a carreira de Willis semellou gozar de boa saúde.

Filmografía miniatura|dereita|Estrela de Willis no Hollywood Walk of Fame. + Filmes Ano Título Papel Notas 1980 The First Deadly Sin Home entrando a comer 1982 O veredicto Courtroom Observer Sen creditar 1985 A Guru Comes Extra Sen creditar 1987 Cita a cegas Walter Davis 1988 The Return of Bruno Bruno Radolini 1988 Sunset Tom Mix 1988 Die Hard John McClane 1989 That's Adequate El mesmo 1989 In Country Emmett Smith 1989 Mira quen fala Mikey Voz 1990 Die Hard 2 John McClane 1990 Mira quen fala tamén Mikey Voz 1990 The Bonfire of the Vanities Peter Fallow 1991 Mortal Thoughts James Urbanski 1991 Hudson Hawk Eddie 'Hudson Hawk' Hawkins Guionista 1991 Billy Bathgate Bo Weinberg 1991 O último Boy Scout Joseph Cornelius 'Joe' Hallenbeck 1992 The Player El mesmo 1992 Death Becomes Her Dr. Ernest Menville 1993 Loaded Weapon 1 John McClane 1993 Striking Distance Tom 'Tommy' Hardy 1994 North Narrador 1994 Color of Night Dr. Bill Capa 1994 Pulp Fiction Butch Coolidge Nomeado — Chlotrudis Award ó mellor actor secundario 1994 Nobody's Fool Carl Roebuck 1995 Die Hard with a Vengeance John McClane 1995 Four Rooms Leo 1995 12 Monkeys James Cole 1996 O último home íntegro John Smith 1996 Beavis and Butt-Head Do America Muddy Grimes Voz 1997 Le Cinquième Élément Korben Dallas 1997 The Jackal O chacal 1998 Mercury Rising Art Jeffries 1998 Armageddon Harry S. Stamper Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor 1998 The Siege Xeneral William Devereaux 1999 Franky Goes to Hollywood El mesmo 1999 Breakfast of Champions Dwayne Hoover 1999 O sexto sentido Dr. Malcolm Crowe Nomeado ó Saturn Award ó mellor actor 1999 Historia do noso Ben Jordan 2000 The Whole Nine Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski 2000 Disney's The Kid Russell 'Russ' Duritz 2000 Unbreakable David Dunn 2001 Bandits Joe Blake 2002 A guerra de Hart Coronel William A. McNamara 2002 Grand Champion Mr. Blandford 2003 Bágoas do sol Tenente A.K. Waters 2003 Rugrats Go Wild Spike Voz 2003 Charlie's Angels: Full Throttle William Rose Bailey 2004 The Whole Ten Yards Jimmy "The Tulip" Tudeski 2004 Ocean's Twelve El mesmo 2005 Hostage Jeff Talley Tamén produtor 2005 Sin City John Hartigan 2006 Alpha Dog Sonny Truelove 2006 16 Blocks Jack Mosley Tamén produtor 2006 Fast Food Nation Harry Rydell 2006 Lucky Number Slevin Mr. Goodkat 2006 Over The Hedge RJ Voz 2007 The Astronaut Farmer Coronel Doug Masterson 2007 Perfect Stranger Harrison Hill 2007 Grindhouse Tte. Muldoon 2007 Nancy Drew El mesmo 2007 Live Free or Die Hard John McClane Tamén produtor. 2008 What Just Happened El mesmo 2008 Assassination of a High School President Director Kirkpatrick 2009 Surrogates Axente Tom Greer 2010 Vaia dous policías Jimmy Monroe 2010 The Expendables Mr. Church 2010 Red Frank Moses 2011 Catch .44 Mel 2011 The Black Mamba Mr. Suave Curtametraxe 2012 Lay the Favorite Dink Heimowitz The Cold Light of Day Martin Shaw Moonrise Kingdom Captain Sharp The Expendables 2 Mr. Church Looper Old Joe Fogo cruzado Mike Cella Directo ao vídeo 2013 A Good Day to Die Hard John McClane G.I. Joe: Retaliation General Joseph Colton Red 2 Frank Moses 2014 Sin City: A Dame to Kill For John Hartigan]] The Prince Omar Directo ao vídeo 2015 Vice Julian Michaels Directo ao vídeo Rock the Kasbah Bombay Brian Extraction Leonard Turner Directo ao vídeo 2016 Precious Cargo Eddie Pilosa Directo ao vídeo Marauders Jeffrey Hubert Directo ao vídeo Split David Dunn Cameo sen acreditar 2017 Once Upon a Time in Venice Steve Ford Directo ao vídeo First Kill Marvin Howell Directo ao vídeo 2018 Acts of Violence Detective James Avery Directo ao vídeo Death Wish Paul Kersey Reprisal James Directo ao vídeo Air Strike Jack Directo ao vídeo 2019 Glass David Dunn The Lego Movie 2: The Second Part El mesmo Cameo Motherless Brooklyn |Frank Minna

| 10 Minutes Gone| Rex | Directo ao vídeo |- | Trauma Center| Lt. Steve Wakes | Directo ao vídeo |- | rowspan=3| 2020 | Survive the Night| Frank Clark | Directo ao vídeo |- | Hard Kill| Donovan Chalmers | Directo ao vídeo |- | Breach| Clay Young | Directo ao vídeo |- | rowspan=7| 2021 | Cosmic Sin| James Ford | Directo ao vídeo |- | Out of Death| Jack Harris

| Midnight in the Switchgrass| Karl Helter

| Survive the Game| David | Directo ao vídeo |- | Apex| Thomas Malone

| Deadlock| Ron Whitlock

| Fortress| Robert

| rowspan=2| 2022 | American Siege| Ben Watts

| Gasoline Alley'' Detective Freeman

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Nados en 1955 Categoría:Nados en Renania-Palatinado Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá