ALF é o nome dunha popular serie de televisión norteamericana, emitida orixinalmente entre 1986 e 1990, que se inspiraba en e parodiaba a película E.T. the Extra-Terrestrial (1982). A serie constou de 102 episodios, logo dos cales foi presentada unha película, chamada Proxecto ALF que contaba o desenlace da historia.

Sinopse A serie trata dun extraterrestre do planeta Melmak que cae na Terra por accidente. O extraterrestre é adoptado por unha familia, que o bautiza como Alf (en inglés significa Alien Life Form, é dicir Forma de Vida Alieníxena).

Elenco Max Wright - Willie Tanner Anne Schedeen - Kate Tanner Andrea Elson - Lynn Tanner Benji Gregory - Brian Tanner John LaMotta - Trevor Ochmonek Liz Sheridan - Raquel Ochmonek Sean Pasternak - Cousin Jack (Só a terceira temporada)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión da NBC Categoría:Series de televisión iniciadas en 1986 Categoría:Series de televisión finalizadas en 1990