Gadisa (Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A.) é un grupo empresarial galego do sector da distribución de alimentos.Mundo Gadisa , páxina antiga.

Descrición Fundado en 1985 por Roberto Tojeiro Díaz e presidido por Roberto Tojeiro Rodríguez, ten a súa sede en Piadela, Betanzos. Forman parte do grupo empresas como Reganosa, Intasa, Galparket ou Forestal del Atlántico. Gadisa no ano 2010 tiña unha frota de máis de 200 camións, facturando unha cantidade superior aos 900 millóns de euros.Memoria 2010 . Dá emprego a preto de 7000 traballadores.

Pertencen ao grupo: 204 supermercados Gadis, 10 Gadis Hiper (ata o ano 2012 denominados hipermercados Haley), 151 supermercados Claudio (franquías), 12 almacéns grosistas Cash IFA, o supermercado en-liña Gadisline.com, dúas tendas de delicatessen Casa Claudio, dous centros de distribución en Medina del Campo e Betanzos e outras empresas.

Supermercados Gadis miniatura|Supermercado GADIS en Lugo. En 1979 abriu o primeiro baixo a marca ALDI, que en 1995 mudou pola actual. Os máis de 200 supermercados Gadis,Coa apertura dun centro en Vilanova de Arousa en novembro de 2025, a cadea alcanzou a cifra de 223 establecementos (La Voz de Galicia, 28.11.2025, px.30). especializados en produtos frescos, están distribuídos polas provincias galegas, León, Palencia, Salamanca, Valladolid e Avila.

Un dos slogan publicitarios da marca foi "Vivamos como galegos".Vídeos da campaña en YouTube. creado pola axencia BAP&Conde , con sede na Coruña, a campaña gañou un Premio Mestre Mateo no ano 2007.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Gadisa

Categoría:Empresas de distribución Categoría:Empresas de alimentación de Galicia Categoría:Betanzos