A tempada 1946-47 da BAA foi a edición inaugural da Basketball Association of America, a liga profesional de baloncesto de Norteamérica que uns anos despois sería rebautizada como National Basketball Association. A liga naceu con 11 franquías, e cun formato de tempada regular seguida duns playoffs polo título. A tempada rematou cos Philadelphia Warriors como primeiros campións da historia da liga. Antecedentes Antes da creación da BAA xa houbo en Norteamérica outras ligas profesionais de baloncesto, como a American Basketball League (ABL) ou a National Basketball League (NBL), pero a BAA foi a primeira liga que se xogou en grandes pavillóns de grandes cidades.
A orixe do torneo foi a inquietude dalgúns dos propietarios de pavillóns de hóckey sobre xeo , que non estaban satisfeitos co feito de que os seus pavillóns quedasen tantos días sen uso cando non había encontros da NHL. Foi así como se chegou a un acordo para crear varias franquías de baloncesto e promover este deporte nos seus pavillóns con esta nova liga.
Equipos 300px|miniatura|dereita|O Maple Leaf Gardens de Toronto acolleu o primeiro encontro da historia da BAA: Huskies vs Knicks. Os 11 equipos inaugurais pertencían ás zonas do noroeste e medio-oeste de Estados Unidos e á cidade de Toronto, no Canadá.
EquipoCidadePavillónCapacidadeToronto HuskiesTorontoMaple Leaf Gardens13.500New York KnicksNova YorkMadison Square Garden18.500Boston CelticsBostonBoston Garden14.900Washington CapitolsWashingtonUline Arena7.500Philadelphia WarriorsFiladelfiaPhiladelphia Arena5.500Providence SteamrollersProvidenceRhode Island Auditorium5.300Chicago StagsChicagoChicago Stadium18.600Saint Louis BombersSaint LouisSaint Louis Arena14.200Cleveland RebelsClevelandCleveland Arena9.900Detroit FalconsDetroitDetroit Olympia15.000Pittsburgh IronmenPittsburghDuquesne Gardens5.500
Tempada regular A tempada regular comezou o 1 de novembro de 1946 e rematou o 31 de marzo de 1947, dando como resultado un aparente dominio dos Washington Capitols, que acadaron unha porcentaxe de vitorias moi superior á do resto dos equipos. Cada equipo da División Leste disputou 60 encontros, mentres que os equipos da División Oeste tamén disputaron 60, menos os dous líderes que xogaron un encontro mais para desempatar no liderado da táboa. Os tres primeiros equipos de cada División clasificáronse para a loita final polo título nos playoffs.
División Leste EquipoVitoriasDerrotas%L1 - Washington Capitols 49 11 0'817L2 - Philadelphia Warriors 35 25 0'583L3 - New York Knicks 33 27 0'550L4 - Providence Steamrollers 28 32 0'467L5 - Boston Celtics 22 38 0'367L6 - Toronto Huskies 22 38 0'367
División Oeste EquipoVitoriasDerrotas%O1 - Chicago Stags 39 22 0'639O2 - Saint Louis Bombers 38 23 0'623O3 - Cleveland Rebels 30 30 0'500O4 - Detroit Falcons 20 40 0'333O5 - Pittsburgh Ironmen 15 45 0'250
Playoffs
Cuartos de finalSemifinaisFinais O3 Cleveland Rebels 1 L3 New York Knicks 0 L2 Philad. Warriors 2 O2 St Louis Bombers 1 L2 Philad. Warriors 2 L2 Philad. Warriors 4 O1 Chicago Stags 1 O1 Chicago Stags 4 L1 Washington Capitols 2
FINAIS Disputadas ó mellor de 7 encontros, nelas enfrontáronse os Philadelphia Warriors e os Chicago Stags. Os vencedores foron os Philadelphia Warriors que gañaron as finais por 4 vitorias a 1, proclamándose dese xeito campións da BAA na súa primeira edición. 1º encontro: Philadelphia 84 - Chicago 71; en Filadelfia o 16 de abril de 1947. 2º encontro: Philadelphia 85 - Chicago 74; en Filadelfia o 17 de abril de 1947. 3º encontro: Chicago 72 - Philadelphia 75; en Chicago o 19 de abril de 1947. 4º encontro: Chicago 74 -- Philadelphia 73; en Chicago o 20 de abril de 1947. 5º encontro: Philadelphia 83 - Chicago 80; en Filadelfia o 22 de abril de 1947.
Estatísticas Joe Fulks foi o xogador mais salientable da liga levando ó seu equipo ó título con 1.389 puntos anotados (23'1 por encontro), sendo Bob Feerick o segundo máximo anotador da liga con 926 puntos (16'8 por encontro), e Stan Miasek o terceiro con 895 puntos (14'9 por encontro).
Líderes As estatísticas de anotación, asistencias e porcentaxe de acertos, foron lideradas polos seguintes xogadores: Categoría Xogador Equipo Valor Líder de anotación Joe Fulks Philadelphia Warriors 1.389 Líder de asistencias Ernie Calverley Providence Steamrollers 202 Líder na porcentaxe de acerto en tiros de campo Bob Feerick Washington Capitols 40'1% Líder na porcentaxe de acerto en tiros libres Fred Scolari Washington Capitols 81'1%
Equipos ideais
Primeiro quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Base Max Zaslofsky Chicago Stags Aleiro Bones McKinney Washington Capitols Aleiro Joe Fulks Philadelphia Warriors Aleiro Bob Feerick Washington Capitols Pivote Stan Miasek Detroit Falcons
Segundo quinteto ideal. Posición Xogador Equipo Base John Logan Saint Louis Bombers Base Ernie Calverley Providence Steamrollers Pivote Chick Halbert Chicago Stags Base Frankie Baumholtz Cleveland Rebels Base Fred Scolari Washington Capitols
Véxase tamén Outros artigos National Basketball Association
Ligazóns externas Páxina oficial da NBA Tódolos datos sobre a tempada 1946-47 da BAA Joe Fulks no Naismith Memorial Basketball Hall of Fame
Categoría:Baloncesto en 1947 Categoría:Tempadas da NBA