Chuck Connors Person, nado o 27 de xuño de 1964 en Brantley, Alabama, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, e actual adestrador asistente dos Los Angeles Lakers.

Traxectoria deportiva Profesional Person foi seleccionado na 4ª posición do Draft da NBA de 1986 polos Indiana Pacers. Gañou o premio ao Rookie do Ano da NBA en 1987 e xogou seis tempadas en Indiana.

Foi traspasaso en 1992 xunto a Micheal Williams aos Minnesota Timberwolves a cambio de Sam Mitchell e Pooh Richardson. Tras o remate do seu contrato en 1994, asinou coma axente libre cos San Antonio Spurs, Charlotte Hornets e Seattle SuperSonics. Foi traspasado polos Spurs xunto a unha elección de primeira rolda do Draft aos Chicago Bulls a cambio de Steve Kerr o 22 de xaneiro de 1999, pero foi despedido inmediatamente.

Durante a súa carreira, Person xogou 943 partidos, facendo 14.7 puntos e 5.1 rebotes por partido, unha porcentaxe de 45.8% en tiros de campo e 36.2% en triplas.

Person retirouse no ano 2000. Dende entón, foi adestrador asistente dos Sacramento Kings, e é actualmente asistente dos Los Angeles Lakers.

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en NBA.com Rivalidade Bird-Person nas series Pacers-Celtics en 1991

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Seattle SuperSonics Categoría:Rookie do Ano da NBA Categoría:Nados no condado de Crenshaw Categoría:Nados en 1964