miniatura|Sue Gardner nunha reunión da Fundación Wikimedia discutindo o apagamento da Wikipedia en inglés a noite do 17 de xaneiro. miniatura|Unha das páxinas propostas para mostrar o día 18. miniatura|Outra versión da páxina proposta para mostrar o día 18. O apagamento da Wikipedia en inglés foi unha manifestación que tivo lugar o 18 de xaneiro de 2012 en protesta pola lei SOPA.

Historia e características A decisión foi tomada do día 16 de xaneiro de 2012 pola Fundación Wikimedia, que anunciou unha protesta contra a Stop Online Piracy Act (SOPA) e PROTECT IP Act (PIPA).

A páxina tamén tivo o apoio doutras fundacións en Internet.

Outras versións da Wikipedia, incluso doutros proxectos de Wikimedia, entre eles Wikimedia Commons, tamén se adheriron á protesta, coa colocación dun cartel de fondo negro.

O presidente da Motion Picture Association of America acusou de "abuso de poder" a todos os sitios que participaron no apagamento.

Ao día seguinte do apagamento, o sitio web Zscaler analizou o tráfico do día e informou de que a pesar de que as páxinas non estaban dispoñibles o sitio web rexistrou un número considerable de accesos. A hipótese é que as persoas tentaron acceder á Wikipedia por curiosidade, debido á gran difusión da campaña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Wikipedia Wikipedia en inglés

Categoría:Wikipedia