Artemis Chasma é unha gran fractura de forma semicircular da superficie do planeta Venus, que engloba boa parte da Artemis Corona, da que forma parte e a cal está asociada, de feito boa parte da marxe ou bordo da Corona está formado pola depresión da Chasma. A depresión ten unha media de 120 km de ancho, que baixa formando numerosos chanzos e fracturas concéntricas, que gardan a forma circular do conxunto da depresión; a depresión acada medias de 2,5 km de profundidade, respecto das cristas do bordo da Chasma.

Recibe o nome en honra a deusa grega da caza, da lúa, dos bosques, da virxindade (é un longo ecetera).

Categoría:Venus