A Sociedad Deportiva Colloto é un club de fútbol do lugar de Colloto, no concello asturiano de Oviedo. Foi fundado en 1987 e actualmente xoga na Rexional Preferente de Asturias.

Historia

O equipo foi fundado no ano 1987 pola fusión de tres clubs de fútbol da zona: o Águila Negra, o Colloto CF e o Club Deportivo Central Lechera. O seu primeiro éxito deportivo ten lugar na tempada 1994/1995 cando consegue o ascenso a Terceira División por primeira vez na súa historia. Manteríase nesta categoría ata a tempada 2002/2003 na que descendería. Na actualidade é un equipo ascensor que leva varias tempadas subindo e baixando de categoría e que non logrou asentarse en Terceira.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes. Uniforme alternativo: Camiseta branca con raias negras horizontais, pantalón branco e medias negras.

Estadio O club disputa os seus partidos como local no Estadio Municipal El Nora con capacidade para 2.000 espectadores.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 11

Historial na liga TempadaCategoríaPostode 87-88Rexional—a 94-95Rexional—1995/963ª17º1996/973ª16º1997/983ª17º1998/993ª9º1999/003ª16º2000/013ª11º2001/023ª7º2002/033ª19º TempadaCategoríaPosto2003/04Rex. Preferente5º2004/05Rex. Preferente17º2005/06Rex. Preferente15º2006/07Rex. Preferente1º2007/083ª20º2008/09Rex. Preferente2º2009/103ª18º2010/11Rex. Preferente2º2011/123ª20º2012/13Rex. Preferente

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Colloto Categoría:Deporte en Oviedo