miniatura|dereita|Parathormona. A parathormona (PTH) ou hormona paratiroide é unha hormona peptídica de 84 aminoácidos segregada polas células principais da glándula paratiroide, que actúa incrementando a concentración de calcio (Ca2+) no sangue (efecto oposto ao da hormona calcitonina da tiroide, que fai decrecer a concentración de calcio). A PTH incrementa a concentración de calcio sanguínea actuando sobre o receptor da hormona paratiroide 1 (abundante no óso e riles) e sobre o receptor da hormona paratiroide 2 (abundante no sistema nervioso central, páncreas, testículos, e placenta). A vida media da PTH no organismo é de aproximadamente 4 minutos. Ten unha masa molecular de 9,4 kDa.
Estrutura O fragmento 1-34 N-terminal da PTH humana (hPTH-(1-34)) foi cristalizado e a estrutura foi definida cunha resolución de 0,9 Å. A hPTH-(1-34) cristaliza como un dímero helicoidal longo, lixeiramente dobrado. As análises revelan que a conformación en hélice alfa estendida da hPTH-(1-34) é probablemente a conformación bioactiva. 150px|miniatura|esquerda|Estrutura do dímero helicoidal da hPTH-(1-34); obtido con PyMOL.
Funcións
Regulación do calcio sérico
A hormona paratiroide regula o calcio sérico por medio dos seus efectos sobre os seguintes tecidos:
Rexión Efecto óso Aumenta a liberación de calcio do gran deposito contido nos ósos. Durante a remodelación normal dos ósos prodúcese a reabsorción ósea, que é a destrución de parte do tecido óseo polos osteoclastos, a cal está indirectamente estimulada pola PTH. A estimulación é indirecta, xa que os osteoclastos non teñen receptores para a PTH; o que ocorre realmente é que a PTH se une aos osteoblastos, as células responsables de crear tecido óseo. A PTH estimula aos osteoblastos a incrementar a súa expresión do RANKL (ligando do receptor-activador do factor nuclear kappa-B) e inhibir a súa expresión de osteoprotexerina (OPG). A osteoprotexerina úneso ao RANKL e bloquea a súa interacción co RANK, que é o receptor do RANKL. A unión do RANKL ao RANK (facilitada pola diminución de osteoprotexerina) estimula aos precursores dos osteoclastos a formar novos osteoclastos, o cal finalmente fai aumentar a reabsorción ósea. riles Aumenta a reabsorción activa de calcio e magnesio nos túbulos distais dos riles e na rama ascendente delgada da asa de Henle. A medida que o óso e degrada, libérase calcio e fosfato. Tamén decrece a reabsorción de fosfato, cunha perda neta na concentración plasmática de fosfato. Cando a relación calcio:fosfato se incrementa, hai máis calcio libre en circulación. intestino vía riles Aumenta a absorción de calcio no intestino ao incrementar a produción de vitamina D activada. A activación da vitamina D ocorre nos riles. A PTH fai aumentar a actividade da 25-hidroxivitamina D3 1-alfa-hidroxilase, o encima responsable da hidroxilación 1-alfa da 25-hidroxivitamina D, convertendo a vitamin D na súa forma activa (1,25-dihidroxi vitamina D). Esta forma activada da vitamina D incrementa a absorción de ións calcio (Ca2+) no intestino por medio da calbindina.
miniatura|250px|Regulación do calcio no corpo humano.Page 1094 (The Parathyroid Glands and Vitamin D) in: O papel da hormona paratiroide móstrase en azul.
A PTH foi unha das primeiras hormonas que se viu que utilizaban o sistema de segundo mensaxeiro da proteína G e adenilato ciclase.
O nivel normal no plasma de calcio está entre 8,5 e 10,2 mg/dL (2,12 mmol/L a 2,55 mmol/L).
Regulación do fosfato sérico A PTH reduce a reabsorción de fosfato nos túbulos proximais dos riles, o cal significa que se excreta máis fosfato nos ouriños.
Porén, a PTH aumenta a liberación ao sangue de fosfato do intestino e ósos. No óso, libérase un pouco máis de calcio ca de fosfato como resultado da destrución do tecido óseo. Nos intestinos, a absorción de calcio e fosfato está mediada por un incremento de vitamina D activada. A absorción de fosfato non é dependente da vitamina D como si o é a de calcio. O resultado final da liberación de PTH é unha pequena caída neta na concentración sérica de fosfato.
Síntese de vitamina D A PTH aumenta a actividade do encima 1-α-hidroxilase, o cal converte o 25-hidroxicolecalciferol en 1,25-dihidroxicolecalciferol, a forma activa da vitamina D.
Regulación da secreción de PTH A secreción da hormona paratiroide está controlada principalmente pola concentración de calcio ([Ca2+]) no plasma sanguíneo por medio dunha retroalimentación negativa. As moléculas do receptor sensible ao calcio localizadas nas células da paratiroide detectan as concentracións de Ca2+. A proteína G asociada aos receptores de calcio detecta o calcio extracelular e pode encontrarse na superficie dunha ampla variedade de células distribuídas polo cerebro, corazón, pel, estómago, células C, e outros tecidos. Na glándula paratiroide, cando hai moito calcio extracelular non se produce hormona; así, a detección de altas concentracións de calcio extracelular causan a activación da cascada da proteína G asociada Gq a través da acción da fosfolipase C Randolph A. Chen and William G. Goodman. Role of the calcium-sensing receptor in parathyroid gland physiology. American Journal of Physiology. (review) . Esta hidroliza o fosfatidilinositol 4,5-bisfosfato (PIP2) e libéranse mensaxeiros intracelulares IP3 e diacilglicerol. Finalmente, estes dous mensaxeiros orixinan unha liberación de calcio dos seus depósitos intracelulares e un fluxo de calcio extracelular no espazo citoplasmático. O efecto desta sinalización por niveis elevados de calcio extracelular orixina unha concentración de calcio intracelular, que inhibe a secreción da PTH preformada almacenada en gránulos nas células da glándula paratiroide. A diferenza do mecanismo que utilizan a maioría das células secretoras, o calcio inhibe a fusión das vesículas e a liberación da PTH. Nas paratiroides, é o magnesio o que cumpre este papel de combinar estímulo e secreción. A hipomagnesia pode causar unha paralización da secreción de PTH e orixinar unha forma de hipoparatiroidismo que é reversible Kensuke Takatsuki, David A. Hanley and Louis M. Sherwood. Effects of magnesium ion on parathyroid hormone secretion in vitro. Calcified Tissue international. Volume 32, Number 1, 201-206, DOI: 10.1007/BF02408542 . .
Estimuladores Diminución da concentración de Ca2+ sérica. Diminución suave da concentración sérica de Mg2+. Aumento do fosfato sérico (o incremento do fosfato fai que este forme complexos co calcio sérico, formando fosfato cálcico, o cal reduce a estimulación dos receptores sensibles ao Ca, xa que non captan o fosfato cálcico, o que produce un incremento da PTH).
Inhibidores Aumento da concentración sérica de Ca2+. Diminución forte da concentración sérica de Mg2+, que tamén produce síntomas de hipoparatiroidismo (como a hipocalcemia).
Importancia clínica O nivel sanguíneo alto de PTH denomínase hiperparatiroidismo. Se a causa está na glándula paratiroide denomínase hiperparatiroidismo primario. As causas son adenoma de paratiroide, hiperplasia de paratiroide e cáncer de paratiroide. Se a causa está fóra da glándula, denomínase hiperparatiroidismo secundario. Pode darse na insuficiencia renal crónica. No hiperparatiroidismo secundario, os niveis de calcio séricos decrecen, o cal causa a hipersecreción de PTH por parte das glándulas paratiroides. A PTH actúa sobre os túbulos proximais dos riles facendo decrecer a reabsorción de fosfato (incrementando a súa excreción nos ouriños, e diminuíndo a súa concentración no soro sanguíneo), pero aumenta a reabsorción activa de calcio e magnesio nos túbuos distais e a rama ascendente delgada da asa de Henle. NOTA: na insuficiencia renal crónica, os riles non poden excretar fosfato nos ouriños. Neste caso de hiperparatiroidismo secundario, o calcio sérico decrece, pero o fosfato sérico increméntase. O nivel baixo de PTH no sangue denomínase hipoparatiroidismo. As causas inclúen erros cirúrxicos (por exemplo, a extirpación por erro da paratiroide durante a cirurxía de tiroide), trastornos autoinmunes, e fallos metabólicos conxénitos.
Medidas Os niveis de PTH poden medirse no sangue de diversas formas: como PTH intacta; PTH N-terminal; parte media da PTH, ou como PTH C-terminal, e cada unha destas probas é útil en diferentes situacións clínicas.
O nivel medio de PTH en sangue é de 10-60 pg/mL.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Metabolismo do calcio Calcitonina Vitamina D
Bibliografía
Ligazóns externas PubMed results 1 PTH PubMed results 2 PTH
Categoría:Hormonas