A Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (en castelán: Junta de Comunidades de Castilla-La Mancha) ou simplemente Xunta de Comunidades, é a institución en que se organiza o autogoberno da comunidade autónoma de Castela-A Mancha, España.

A Xunta de Comunidades está integrada polas Cortes de Castela-A Mancha, polo presidente da Xunta de Comunidades e polo Consello de Goberno.

Cortes de Castela-A Mancha

As Cortes de Castela-A Mancha son a Asemblea Lexislativa da Comunidade Autónoma, á que corresponde a elaboración e aprobación das Leis e a elección e cesamento do Presidente da Xunta de Comunidades.

Presidente da Xunta de Comunidades

O Presidente da Xunta de Comunidades é o supremo representante da Comunidade Autónoma e o representante ordinario do Estado na mesma; a súa elección ten lugar polo voto favorable da maioría absoluta do Pleno das Cortes de Castela-A Mancha e o seu nomeamento corresponde ao Rei.

Consello de Goberno O Consello de Goberno é o órgano político e administrativo superior da Comunidade, ao que corresponde o exercicio da potestade regulamentaria e o desempeño da función executiva; está composto polo Presidente da Xunta de Comunidades, que o preside, e polos Conselleiros nomeados por el para facerse cargo das distintas Consellerías.

Tras a última remodelación do Goberno de Castela-A Mancha producida o 5 de xullo de 2015, o Consello de Goberno está formado polos seguintes conselleiros:

20px|Escudo de Castela-A Mancha  Composición do Consello de Goberno da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha - IX Lexislatura  30pxConselleríaTitularPresidente da Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha *|Emiliano García-Page SánchezVicepresidente do Goberno José Luis Martínez GuijarroConsellería de Economía, Empresas e Emprego Patricia Franco JiménezConsellería de Facenda e Administracións Públicas Juan Alfonso Ruiz MolinaConsellería de Sanidade Jesús Fernández SanzConsellería de Agricultura, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural Francisco Martínez ArroyoConsellería de Educación, Cultura e Deportes Reyes Estévez ForneiroConsellería de Fomento Elena de la Cruz MartínConsellería de Benestar Social Aurelia Sánchez Navarro

Notas

Véxase tamén Estatuto de Autonomía de Castela-A Mancha

Ligazóns externas Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha Cortes de Castela-A Mancha

Categoría:Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha