Gregory Stiemsma, nado o 26 de setembro de 1985 en Randolph, Wisconsin, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria Instituto Stiemsma naceu e creceu en Randolph, Wisconsin. Liderou ao seu equipo do instituto, os Randolph Rockets, a tres títulos consecutivos da División 4, que daquela era a liga máis inferior de Wisconsin.
Universidade Stiemsma xogou para a Universidade de Wisconsin-Madison cos Badgers. Coma sophomore, a Stiemsma se lle diagnosticou unha depresión tras non poder ser academicamente elixible para continuar xogando ao baloncesto debido ás súas malas notas.
Profesional Stiemsma foise a xogar a Turquía, co Oyak Renault.http://www.bigtennetwork.com/news/article.asp?list_id=11&story_id=2464026 Tras deixar Turquía, asinou un contrato para xogar en Corea do Sur.http://hoopsmarinara.blogspot.com/2009/10/update-pro-badgers-around-globe.html
O 13 de abril de 2010, tras xogar unha tempada nos Sioux Falls Skyforce da NBA Development League, Stiemsma asinou un contrato cos Minnesota Timberwolves da NBA. Porén, o 10 de setembro foi despedido sen xogar ningún partido.
En outubro de 2010, asinou un contrato de dous anos co Türk Telekom B.K. en Turquía.
Tras xogar de novo nos Skyforce da NBA D-League, o 9 de decembro de 2011 asinou cos Boston Celtics. Fixo o seu debut na NBA o 28 de decembro de 2011 contra os New Orleans Hornets, xogando 20 minutos, e acadando 2 puntos, 6 tapóns e 4 rebotes. Os seus 6 tapóns foron o récord dun xogador dos Celtics no seu debut.NBA Celtics Gamenote
O 21 de xullo de 2012, Stiemsma asinou un acordo cos Minnesota Timberwolves. Os Celtics tiñan a opción de igualar a oferta, pero o 23 de xullo decidiron non facelo. Así, Stiemsma uniuse oficialmente ós Timberwolves o 2 de agosto de 2012. Foi cortado polos Timberwolves o 7 de xullo de 2013.
O 10 de xullo de 2013, fichou polos New Orleans Pelicans. O 14 de xullo de 2014, foi cortado polos Pelicans.
O 4 de setembro de 2014, Stiemsma asinou cos Toronto Raptors.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Wisconsin Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Türk Telekom BK Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa