El Eco de Villalba foi un periódico editado en Vilalba entre 1908 e 1915.
Historia e características Subtitulado Revista quincenal consagrada a la defensa de los intereses de Villalba y su comarca, apareceu o 1 de xaneiro de 1908. Foi fundado e dirixido por Manuel Mato Vizoso, con José Novo Pardo como administrador. O seu ideario era conservador católico. Na súa declaración de principios aparecida no número 1 aformaba: "nada, ni pensamiento siquiera tendremos para la política; todo hasta el último aliento para la religión, para la patria y para este pedazo de tierra que nos vio nacer". Inicialmente tivo unha periodicidade mensual, despois foi quincenal e dende 1912 editouse tres veces ao mes. Como colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Antonio Noriega Varela, Antonio Nieto Oliva, Xosé María Chao Ledo e Segundo López Carpintero. Logo da morte do seu fundador en febreiro de 1909, tivo como directores a José Novo Pardo e Manuel Bermúdez e pasou a defender o caciquismo local. Cesou a súa edición en 1915.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas López, José Miguel (12/1/2004). "La extraña desaparición de «El Eco de Villalba» dificulta su edición facsímil" La Voz de Galicia .
Categoría:Prensa escrita de Vilalba Categoría:1908 en Galicia Categoría:Revistas en lingua castelá Categoría:Revistas editadas en Galicia