O Festival Mozart foi un festival de música de carácter anual que tiña lugar principalmente na cidade da Coruña (Galiza), se ben na últimas edicións ampliouse a súa programación con concertos de cámara e pequena orquestra noutras localidades da provincia. A primeira edición do festival celebrouse no ano 1998 e dende aquela, a Orquestra Sinfónica de Galicia é a súa orquestra residente. A programación do Festival Mozart inclúe dende concertos sinfónicos, ópera, música de cámara ou música para o teatro.
No ano 2014 fusionouse co Festival de la Ópera da Coruña pasando a chamarse Temporada Lírica da Coruñahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2014/05/09/requiem-festival-mozart/0003_201405G9P41997.htmhttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2016/01/12/solucion-holandes-errante/0003_201601H12C5991.htm.
Referencias
Ligazóns externas Sitio web oficial do Festival Mozart
Categoría:A Coruña Categoría:Acontecementos musicais en Galicia Categoría:Festivais de música Categoría:Orquestra Sinfónica de Galicia