O Hrvatski košarkaški klub Široki (do croata: Club de Baloncesto Croata Široki) é un club de baloncesto da cidade de Široki Brijeg, ao sur de Bosnia e Hercegovina, aínda que cun porcentaxe do 98,91% de poboación croata. Actualmente compite na Super liga Bosne i Hercegovine, a máxima competición do baloncesto bosníaco, así como na Liga do Adriático. Disputa os seus partidos como local no Pecara, cunha capacidade para 4.500 espectadores.

Historia O club nace en 1974 por iniciativa dun profesor de educación física e os seus alumnos de secundaria, xogando en distintas categorías da extinta Iugoslavia. En 1997, xa coa independencia do seu país, disputa a primeira edición da Liga de Bosnia e Herzegovina, converténdose no primeiro campión tras derrotar ao Bosna Saraxevo na final.

Palmarés Liga de Bosnia e Herzegovina Campión (9): 1998, 2002, 2003, 2004, 2007, 2009, 2010, 2011, 2012 Copa de Bosnia e Herzegovina Campión (9): 1998, 2002, 2003, 2004, 2006, 2008, 2011, 2012, 2014

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Bosnia e Hercegovina