A bandeira das Comores está formada por catro franxas horizontais, sendo de cor amarela, branca, vermella e azul, de arriba a abaixo. Do lado do pau hai un triángulo verde cunha media lúa branca e catro estrelas de cinco puntas da mesma cor dispostas verticalmente entre as puntas da media lúa. Tanto as catro estrelas como as catro franxas verticais representan ás catro illas de Comores: o amarelo por Mohéli (Mwali), o branco por Mayotte (reclamada por Comores, e que segue a pertencer a Francia), o vermello por Anjouan (Nzwani) e o azul por Gran Comora (Ngazidja). A cor verde e a media lúa simbolizan o islam, que é a relixión maioritaria en Comores, e formaban a antiga bandeira de Comores antes de engadirlle as catro franxas horizontais.
Esta bandeira foi deseñada en 2001 e adoptada oficialmente o 7 de xaneiro dese ano.
Bandeiras históricas
Bandeiras das distintas illas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira das Comores en Flags of the World
Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Símbolos das Comores Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 2001