Geotail é un satélite artificial xaponés lanzado en colaboración coa NASA mediante un foguete Delta II 6925 o 24 de xullo de 1992 desde Cabo Cañaveral. Forma parte da colaboración internacional ISTP para comprender mellor as relacións Terra-Sol xunto cos satélites Wind, Polar, SOHO e Cluster.

Características A misión de Geotail foi estudar os procesos que teñen lugar na magnetocola para comprender mellor o funcionamento da magnetosfera terrestre, incluíndo a física das rexións límite, os fenómenos de reconexión magnética e os mecanismos de entrada, transporte, almacenamento, transferencia de masa e momento e enerxía.

O satélite estabilízase mediante xiro, a unhas 20 revolucións por minuto, co eixo de rotación inclinado entre 85 e 89 graos respecto do plano da eclíptica. Ten forma de cilindro e mide uns 2,2 metros de diámetro por 1,6 metros de alto. A alimentación eléctrica é proporcionada por células solares montadas sobre o corpo cilíndrico e baterías para os momentos nos que o satélite entra na sombra da Terra. Os datos recíbense en tempo real mediante un enlace en banda X no Centro do Espazo Profundo de Usuda, no Xapón. Para os momentos nos que non é posible a transmisión en tempo real, Geotail leva a bordo un par de grabadoras de cinta cunha capacidade de 450 Mb cada unha.

Instrumentos Geotail leva sete instrumentos a bordo:

Instrumento de ondas de plasma (PWI) Composición de ións e partículas enerxéticas (EPIC) Detector de campo eléctrico (EFD) Medición de campos magnéticos (MGF) Partículas de baixa enerxía (LEP) Instrumento exhaustivo de plasma (CPI) Partículas de alta enerxía (HEP)

Notas

Categoría:Satélites artificiais