Un catepán ou catapán (en grego κατεπάνω, katepánō ', "o situado na parte superior", ou o "superior") (Do grego κατά, katá (no alto) e ἐπάνος, epános (subido), literalmente 'aquel que está sobre, ou encima' era un cargo militar e administrativo do Imperio Bizantino.

O termo foi latinizado como capetanus/catepanus, e parece que se hibridou coa palabra do latín medieval capitaneus (derivada do latín clásico caput, "cabeza").

Este termo híbrido deu lugar á palabra galega capitán, e ás equivalentes noutros idiomas: Captain, Kapitan, Kapitän, el Capitán, il Capitano, le Capitaine, Kapudan Paxá etc.)

Historia miniatura|200px|Mapa aproximado do Catapanato de Italia. Primeira metade do século XIEn verde, o ducado longobardo, sinalando tamén os probábeis tres themas bizantinos que formaban o capatanato.O termo catepán aparece por primeira vez no século IX cando se empregou, co sentido xenérico de "responsábel", para denominar dúas clases de funcionarios: os xefes dos basilikoi anthrōpoi ("homes imperiais"), unha clase de funcionarios de baixo nivel, e os xefes dos destacamentos de mariños Mardaites do Thema naval de Cibyrrhaeots, no sur de Asia Menor.Kazhdan, 1991, páx. 1115.

Porén, a raíz das grandes conquistas orientais da década de 960, o título adquirira un significado máis específico. As novas zonas de fronteira dividíronse en pequenos themata, agrupados en grandes territorios rexionais encabezados por un dux ("duque") ou katepanō (catepán).Haldon, 1999, páxs. 84–85. Estes foron os ducados/catepanatos Cómpre dicir que o termo bizantino orixinal para un territorio gobernado por un katepanō s é katepanikion. O termo catepanato/catapanato, utilizado nos estudos modernos, é de orixe recente. Kazhdan, 1991, páx. 1115. en Antioquía, que abarcaba a fronteira suroriental desde o norte de Siria, Mesopotamia ao leste do Éufrates até Chaldía,Cómpre non confundir con Caldea (Palestina). no nordeste.Holmes, 2005, páxs. 301–302. Durante o reinado do emperador Basilio II (976-1025), ampliouse a fronteira oriental e o catepanado de Iberia se estableceu en 1022.

No oeste, o máis famoso catepanato, o Catepanato de Italia, no sur da península, está testemuñado no Escorial Taktikon, lista de Oficinas bizantinas recompilada ao redor de 971-975; e, despois da conclusión vitoriosa das guerras bizantino–búlgaras, tamén se rexistra un catepanato de Bulgaria.Holmes, 2005, páx. 302.. Así mesmo, menciónase tamén un Catepanato de Serbia, que foi coñecido como Catepanato de Rascia.Krsmanović, Kolias, Maksimović, 2008, páxs. 186-189.

Despois das catastróficas perdas territoriais sufridas durante o século XI, a Oficina desaparece no sentido de "comandancia xeral militar", pero mantensee nun nivel máis local: durante os períodos finais dos Commenos e dos Paleólogos, o termo katepaníkion vén denotar zonas administrativas de baixo nivel, tanto en Asia Menor (incluíndo o Imperio de Trebisonda) como Europa.

Estas eran pequenas subdivisións dos anteriores themas e consistían en pouco máis que unha capital fortificada (o kastron) e o seu territorio circundante. Na época dos Paleólogos os catepanatos estaban gobernados por un κεφαλή, kephalē, ("cabeza"), que tiña a suprema autoridade civil e militar dentro dos seus límites.Bartusis, 1997, páxs. 33–34, 189–190, 236. Como moitas outras institucións bizantinas, o capatenato como subdivisión administrativa tamén foi adoptado no Segundo Imperio búlgaro.miniatura|430x430px| Mapa da estrutura administrativa do Imperio bizantino en 1025Descríbense os territorios rexionais orientais, denominados ducados ou catepanatos. O sur de Italia estaba baixo a autoridade do catepán de Italia (Catepanato de Italia), mentres que Bulgaria, Serbia e Paristrion estaban moitas veces baixo a autoridade dun só catepán.|centro

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bartusis, Mark C. (1997): The Late Byzantine Army: Arms and Society 1204–1453. Philadelphia: University of Pennsylvania Press. ISBN 0-8122-1620-2 Glykatzi-Ahrweiler, Hélène: "Recherches sur l'administration de l'empire byzantin aux IX-XIème siècles" in Bulletin de correspondance hellénique, 1960, 84, 1, páxs. 1–111. Haldon, John F. (1999): Warfare, State and Society in the Byzantine World, 565-1204. Londres: University College London Press (Taylor & Francis Group). ISBN 1-85728-495-X Holmes, Catherine (2005): Basil II and the Governance of Empire (976–1025). Oxford (U.K.) Oxford University Press. ISBN 978-0-19-927968-5 Kazhdan, Alexander Petrovich, ed. (1991): The Oxford Dictionary of Byzantium. Oxford (U.K.): Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6 Krsmanović, Bojana, Kolias, Taxiarchis G. & Maksimović, Ljubomir (2008): The Byzantine Province in Change: On the Threshold between the 10th and the 11th Century. Belgrado / Atenas: Institute for Byzantine Studies, Serbian Academy of Sciences and Arts; Institute for Byzantine Research, National Hellenic Research Foundation. ISBN 978-86-83883-11-0

Outros artigos Catepanato Imperio bizantino

Categoría:Bizancio