O Couto de Lampai foi un terreo doado en 1156 polo rei Afonso VII ao plebeo Sancho Eanes. A doazón está confirmada nun documento conservado no Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela (tombo B, folio 222), redactado o 29 de outubro dese mesmo ano.
Toponimia A orixe do topónimo é o latín , que é un "(lugar) cercado", para poder defendelo mellor.Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 41 ISBN 84-85170-20-2
Localización Está situado na parroquia de Cruces (Padrón), preto de Iria Flavia e da parroquia de Lampai (Teo). O terreo ten 22 hectáreas, e abrangue varias entidades de poboación. Está atravesado pola vía portuguesa do camiño de Santiago e pola autoestrada AP-9.
Limitaría ao norte cos montes das Penises e Figueira Labrada, ao sur cos montes de Pastoriza, ao leste co lugar de Lampai, e ao oeste cos lugares de Queiruga e Pazos.
Marcos O couto está definido con catro marcos como lindes do terreoa.
O marco I está a carón do rego de Tarrío (entre O Pedroso do Norte e Lampai), no actual límite entre os concellos de Padrón e Teo. Inclúe o texto ("ano 1156 no primeiro día das calendas de setembro coa autoridade do Emperador e de tódolos asistentes poño este padrón").
O marco II, pegado a unha canteiraPadrón: chafalladas e manifestacións, en manuelgago.org (entre O Pedroso do Norte e Queiruga) ten un texto na cara norte (co texto ), seis coviñas na cara leste, e unha cruz na cara oeste.
O marco III (entre O Pedroso do Vendaval e Pazos -¿Reis?- en Padrón) ten unha inscrición no lado oeste, que remata coa fórmula .
O cuarto marco descubriuse en 2002Os marcos do emperador, en culturagalega.gala.
Galería de imaxes
Notas a Téñase en conta que orde de presentación dos marcos en culturagalega.org non coincide coa numeración na publicación orixinal de Guitián e nas fotos. Referencias
Véxase tamén
Ligazóns externas Jorge Guitián Castromil e Xoán Guitián Rivera (2001). "Un acoutamento medieval na comarca compostelá", Anuario Brigantino nº 24 (2001).a Padrón: chafalladas e manifestacións, manuelgago.org
Categoría:Padrón Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Historia medieval de Galicia