Chámanse linguas paleohispánicas ou prerromanas as linguas indíxenas faladas na Península Ibérica antes da chegada dos romanos.

Historia e características É controvertido o uso do termo "indíxenas" posto que non se coñece a orixe dalgunhas destas linguas e outras son indoeuropeas, pero delimita o grupo de linguas tratado fronte ao fenicio, ao grego e naturalmente fronte a latín.

A maioría das linguas faladas na península antes dos romanos son practicamente descoñecidas. Das que nos son coñecidas, só dispoñemos das noticias deixadas por fenicios, gregos e romanos e unha serie de inscricións. É o que se chama linguas en ruínas ou residuais (en alemán Restsprachen ou Trümmersprachen) e que as coloca na mesma categoría có etrusco, o paleosardo, o lígur e o rético entre outras.

As linguas paleohispánicas das que se coñecen textos escritos son:

A lingua ibérica. A lingua celtibérica. A lingua galaica. A lingua aquitana. A lingua tartesa. A lingua lusitana.

Na figura non se marcaron as áreas dos pobos respectivos, senón só as áreas nas que se atoparon inscricións. Desde o -600 ata a desaparición destas linguas, a distribución dos pobos, sobre todo dos celtas, variou considerablemente.

Outras linguas prerromanas da Península Ibérica O antigo europeo tamén se falou na Península Ibérica como o demostran os nomes de diversos topónimos como Almar, Almonte, Almería, Jarama, Jaramillo, Sella, Jalón, Salamanca, Xálima, Aranzuelo, Arlanza e Arlanzón.

Véxase tamén Bibliografía Villar, Francisco, Los indoeuropeos y los orígenes de Europa, Madrid, 1991, ISBN 84-249-1471-6. Albertos Firmat, María Lourdes, "Lenguas primitivas de la Península Ibérica" en Boletín de la institución “Sancho el Sabio“, tomo XVII, 1973. Blázquez, José María; Francisco Presedo; Francisco Javier Lomas; Javier Fernández Nieto, "Protohistoria" en Historia de España antigua, tomo I, 1997, ISBN 84-376-0232-7. Pellón, José R., Diccionario Espasa Íberos, Madrid, 2001, ISBN 84-239-2290-1. Eslava Galán, Juan, Los íberos, Madrid, 2004, ISBN 84-270-2996-9. Palaeohispanica (revista sobre lengua y culturas de la Hispania antigua), tomo 1, Zaragoza, 2001, ISSN 1578-5386. Caridad Arias, Joaquín, Toponimia céltica de Galicia, Deputación de Lugo, 2006, ISBN 84-8192-343-5.

Outros artigos Historia de España. Historia de Portugal. Linguas celtas. Linguas indoeuropeas. Éuscaro. Lingüística. Roma. Escrituras paleohispánicas.

Ligazóns externas Epigrafía ibérica por Jesús Rodríguez Ramos. Lenguas de Iberiaen Moeda ibérica

Categoría:Linguas paleohispánicas