Contaxio (en ) é un filme estadounidense dirixido por Steven Soderbergh que se estreou no 2011. Está protagonizado por Marion Cotillard, Bryan Cranston, Matt Damon, Laurence Fishburne, Jude Law, Gwyneth Paltrow, Kate Winslet e Jennifer Ehle. O argumento de Contaxio trata da transmisión dun virus por fómites, e os intentos dos investigadores médicos e dos servizos de saúde por identificar e conter a enfermidade, mentres que a pandemia provoca a perda da orde social.
Soderbergh e o guionista Scott Z. Burns colaboraron anteriormente en The Informant! (2009). Despois da estrea dese filme, Burns tivo a idea de producir un filme médico sobre a transmisión rápida dun virus, inspirándose nas pandemias de SRAS no 2003 e da Gripe A (H1N1) no 2009. Para proporcionar unha percepción exacta dunha pandemia, Burns consultou con representantes da Organización Mundial da Saúde, así como de expertos médicos como W. Ian Lipkin e Lawrence "Larry" Brilliant. A fotografía principal comezou en Hong Kong en setembro de 2010, e continuou en Chicago, Atlanta, Londres, Xenebra e San Francisco até febreiro de 2011.
Contaxio estreouse na 68ª edición Festival Internacional de Cine de Venecia o 3 de setembro de 2011, e nas salas comerciais o 9 de setembro. Foi ben acollido pola crítica, que gabou a narrativa e as interpretacións dos actores. Tamén foi ben recibido polos científicos, que destacaron a súa exactitude. Comercialmente, tivo un éxito moderado de recadación. Sobre un orzamento de $60 millóns, Contaxio recadou $135 millóns.
Estreouse en galego na TVG o 29 de novembro de 2014.
Sinopse De súpeto, sen saber cal é a súa orixe, un virus mortal espállase a nivel mundial e, en poucos días, comeza a acabar coa poboación. O contaxio prodúcese polo sinxelo contacto entre os seres humanos.
Personaxes Marion Cotillard como Dr. Leonora Orantes Matt Damon como Mitch Emhoff Laurence Fishburne como Dr. Ellis Cheever Jude Law como Alan Krumwiede Gwyneth Paltrow como Beth Emhoff Kate Winslet como Dr. Erin Mears Bryan Cranston como RADM Lyle Haggerty Jennifer Ehle como Dr. Ally Hextall Sanaa Lathan como Aubrey Cheever Elliott Gould como Dr. Ian Sussman Chin Han como Sun Feng John Hawkes como Roger Anna Jacoby-Heron como Jory Emhoff Josephine Ho Chiu-Yi como Irmá de Li Fai Demetri Martin como Dr. David Eisenberg Armin Rohde como Damian Leopold Enrico Colantoni como Dennis French Larry Clarke como Dave Monique Gabriela Curnen como Lorraine Vasquez
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dos Emiratos Árabes Unidos Categoría:Filmes dirixidos por Steven Soderbergh Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Participant Media Categoría:Filmes rodados en Iowa Categoría:Filmes rodados en Xeorxia, Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Illinois Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes ambientados en Hong Kong Categoría:Filmes ambientados en Atlanta Categoría:Filmes ambientados en Suíza Categoría:Filmes ambientados en Macau Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2011 con versión en galego