Jesús Barrio Álvarez, nado en Xixón o 16 de outubro de 1916 e finado o 3 de outubro de 2002, foi un futbolista e adestrador español.
Traxectoria Na súa faceta como futbolista, salientou no Racing Club de Ferrol, no que militou nas campañas 1937/38 e 1938/39. Na primeira delas o club verde foi campión de Galicia por segunda vez na súa historia, repetindo título de xeito invicto na seguinte campaña, na que o Racing foi ademais subcampión da Copa de España, ao perder a final ante o Sevilla FC en Montjuïc. Disputou un total de 19 partidos oficiais co equipo verde, marcando 17 goles. Ademais, en xuño de 1938, converteuse no primeiro xogador en marcarlle un gol ao que logo sería histórico gardameta do Deportivo da Coruña, Xoán Acuña.
Na tempada 1939/40 xogou co Oriamendi na Segunda División, e na seguinte fíxoo no Sporting de Gijón.
Foi adestrador do Deportivo da Coruña nas tempadas 1959–60 e 1960–61, co club galego en Segunda División, e dirixiu varias veces o Sporting, co que logrou un ascenso a Primeira División na tempada 1956/57.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Nados en Xixón Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores do Sporting de Gijón Categoría:Adestradores de fútbol de España Categoría:Adestradores do Sporting de Gijón Categoría:Adestradores do Real Avilés Categoría:Adestradores do Deportivo da Coruña Categoría:Adestradores da UD Salamanca