300px|miniatura|dereita|Países que participaron na Copa Mitropa. A Copa Mitropa ou Copa de Europa Central foi unha competición continental de fútbol a nivel de clubs que naceu en 1927 e desapareceu en 1940 por mor da segunda guerra mundial.

Historia Nas primeiras dúas edicións participaron dous clubs de Hungría, Austria, Checoslovaquia e Iugoslavia. En 1929 os clubs de Iugoslavia foron substituídos polos de Italia. En 1934 ampliouse a participación a 4 equipos por país. A partir de 1936 foron admitidos clubs de Suíza, e ó ano seguinte tamén de Romanía e novamente de Iugoslavia. En 1938, por mor da anexión alemá de Austria, os clubs dese país rexeitaron formar parte da competición. En 1940, por mor da guerra, a competición foi abandonada.

A Copa Mitropa enfrontaba ós clubs das, por aquel entón, principais potencias futbolísticas de Europa. Italia acadou os campionatos do mundo de 1934 e 1938, sendo subcampións Checoslovaquia e Hungría. Ademais Italia acadou o ouro nos Xogos Olímpicos de 1936, deixando a prata para a selección de fútbol de Austria, demostrando pois que Italia, Checoslovaquia, Hungría e Austria eran as 4 principais potencias do fútbol mundial. De feito Austria, Checoslovaquia e Hungría foron os 3 primeiros países do mundo en introducir o profesionalismo no fútbol (en 1924, 1925 e 1926 respectivamente). Estes datos fan entender que no seu tempo a Copa Mitropa tivo un prestixio semellante ó que ten actualmente a Liga de Campións da UEFA. Palmarés Finais da Copa MitropaTempadasCAMPIÓNResultadosSubcampión 1940 Ferencvárosi TC ||align=center|Final non disputada|| FC Rapid Bucureçti |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1939 ||bgcolor=#ffffa5| Újpest FC ||align=center|4-1 e 2-2|| Ferencvárosi TC |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1938 ||bgcolor=#ffffa5| SK Slavia Praha ||align=center| 2-2 e 2-0|| Ferencvárosi TC |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1937 ||bgcolor=#ffffa5| Ferencvárosi TC ||align=center| 4-2 e 5-4 || SS Lazio |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1936 ||bgcolor=#ffffa5| FK Austria Wien ||align=center| 0-0 e 1-0|| AC Sparta Praha |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1935 ||bgcolor=#ffffa5| AC Sparta Praha ||align=center|1-2 e 3-0 || Ferencvárosi TC |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1934 ||bgcolor=#ffffa5| Bologna FC ||align=center|2-3 e 5-1 || SK Admira Wien |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1933 ||bgcolor=#ffffa5| FK Austria Wien ||align=center|1-2 e 3-1 || AS Ambrosiana |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1932 ||bgcolor=#ffffa5| Bologna FC ||align=center|2-0 e 0-1|| First Vienna FC |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1931 ||bgcolor=#ffffa5| First Vienna FC ||align=center|3-2 e 2-1 || Wiener AC |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1930 ||bgcolor=#ffffa5| SK Rapid Wien ||align=center| 2-0 e 2-3 || AC Sparta Praha |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1929 ||bgcolor=#ffffa5| Újpest FC ||align=center| 5-1 e 2-2 || SK Slavia Praha |- bgcolor=#D0E7FF align=left |align=center| 1928 ||bgcolor=#ffffa5| Ferencvárosi TC ||align=center| 7-1 e 3-5 || SK Rapid Wien |- bgcolor=#F5FAFF align=left |align=center| 1927 ||bgcolor=#ffffa5| AC Sparta Praha''' 6-2 e 1-2 SK Rapid Wien Trala segunda guerra mundial A comezos dos anos 50 os países de Europa Central viron o éxito da Copa Latina, unha competición continental creada á imaxe e semellanza da antiga Copa Mitropa, e que enfrontaba cada ano ós campións das ligas de España, Portugal, Francia e Italia. En 1951 disputouse un torneo chamado Copa Zentropa, que pretendía ser a continuación da Copa Mitropa, porén non tivo continuidade até que, en 1955, volveu o antigo torneo, co mesmo nome: Copa Mitropa, e co mesmo formato, aínda que con moito menos prestixio internacional, xa que ese mesmo ano naceu a Copa de Campións de Europa, actual Liga de Campións da UEFA. Durante moitos anos o representante italiano era o equipo que remataba o campionato doméstico por detrás dos equipos clasificados para Copa da UEFA. A partir dos anos 80 a competición comezou a ser disputada tan só polos campións das diversas segundas divisións. Os campións do torneo na súa segunda vida foron os seguintes:

1951 - SK Rapid Wien 1955 - MTK Budapest FC 1956 - Vasas SC 1957 - Vasas SC 1958 - FC Crvena Zvezda 1959 - Budapest Honvéd FC 1960 - Hungaria 1961 - Bologna FC 1962 - Vasas SC 1963 - MTK Budapest FC 1964 - AC Sparta Praha 1965 - Vasas SC 1966 - ACF Fiorentina

1967 - FC Spartak Trnava 1968 - FC Crvena Zvezda 1969 - FK Inter Bratislava 1970 - Vasas SC 1971 - NK Čelik Zenica 1972 - NK Čelik Zenica 1973 - FC Tatabánya 1974 - FC Tatabánya 1975 - FC Wacker Innsbruck 1976 - FC Wacker Innsbruck 1977 - FK Vojvodina Novi Sad 1978 - FK Partizan 1979 - Non se disputou

1980 - Udinese Calcio 1981 - 1.FC Tatran Prešov 1982 - AC Milan 1983 - Vasas SC 1984 - SC Eisenstadt 1985 - NK Iskra Bugojno 1986 - AC Pisa 1987 - Ascoli Calcio 1988 - AC Pisa 1989 - FC Baník Ostrava 1990 - AS Bari 1991 - Torino FC 1992 - FK Borac Banja Luka

Véxase tamén Ligazóns externas A Copa Mitropa en RSSSF.COM

Categoría:Competicións internacionais de clubs de fútbol de Europa desaparecidas