Xoán Eiriz López, nado na Coruña o 15 de setembro de 1956 e finado na mesma cidade o 10 de maio de 2025, foi un cantante, compositor e profesor de música galego.

Traxectoria A súa traxectoria musical estivomarcada polo seu compromiso coa lingua galega, bebendo na música popular para desde eses rexistros achegala ó pop, sen perder a raíz do folk de tradición galega.

Xoán Eiriz comezou a súa traxectoria no ano 1988, con cancións que van desde a música popular galega a composicións e adaptacións propias, tendo sempre presentes ós poetas como Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal, Fermín Bouza Brey, Manuel María, Andrés Dobarro, Luís Álvarez Pousa, Prudencio Romo, Xosé L. Rivas Cruz, Xosé Díaz Jácome, Xosé Manuel Lueiro, Ricardo Ceratto, Martín Codax, Mendiño, Pero Meogo, Sancho I O Vello; a poetas contemporáneos como Toño Núñez e Suso Díaz, dos que publicou discos cos seus poemas, sen esquecer a Federico García Lorca.

Na súa teima por achegar á lingua galega cancións da música internacional adaptou pezas en castelán de Agustín Lara, Carlos Cano, Manuel Alejandro, Carlos Gardel, Cesar Portillo, Ariel Ramírez e Félix Luna, Leonardo Schultz, Leonardo Favio; do italiano Jimmy Fontana; do francés: Jacques Brel, M. Sardou, Albinoni, Lara Fabian; do inglés: Leonard Cohen, Johnny Christopher e Mark James e Wayne Carson, Claude François e Jacques Revaux (autores do famoso My Way) que cantou en galego como Ao meu xeito; sen esquecer a música portuguesa e brasileira interpretando adaptacións de Amalia Rodrigues e Roberto Carlos.

Vida persoal

Estivo casado con Amelia Benítez Álvarez, e foron pais de Manuel e Paula Eiriz Benítez.

Discografía

dereita|miniatura|Necrolóxica en La Voz de Galicia.

Sentimientos (1988) Amiga, amada (1990) Xoán Eiriz (1992) Na miña fala (1992) Eu voute amar (1993) Azul (1996) Amores Ei (1998) Lelías (1999) 30 anos e unha canción de amor (2012) Dende as cordas do meu corazón (2014) Verbas no vento (2016) Máis sentimentos (2018) Poemas de amor en outono, do libro homónimo de Toño Núñez (2020) Amada Rosalía, poemas do libro homónimo de Suso Díaz (2021)

Notas

Ligazóns externas Galegos Música en galego Canle en YouTube

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1956 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2025