O distrito de Soroti é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa principal poboación, Soroti.
Limita co distrito de Amuria polo norte, co distrito de Katakwi polo leste, co distrito de Ngora polo sueste, co distrito de Serere polo sur, e co distrito de Kaberamaido polo oeste. Forma parte da subrexión de Teso, que é lar das etnias iteso e kumam.
Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 193.300 persoas.
O distrito ten uns niveis de pobreza dos máis altos do estado. En febreiro de 2009, estimábase que o 53% da poboación vivía con menos dun dólar ao día.Soroti District Is One of The Poorest In Uganda The Guardian
A principal actividade económica do distrito é a agricultura.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre o Distrito Soroti
Soroti