Vanilla Sky é un filme estadounidense dirixido por Cameron Crowe que se estreou no 2001. Está protagonizado por Tom Cruise, Cameron Diaz e Penélope Cruz.
Sinopse David Aames (Tom Cruise) é un mozo rico e ben parecido que traballa nunha importante empresa de publicidade de Nova York. Mais sente que lle falta algo na súa vida. Unha noite coñece a Sofía Serrano (Penélope Cruz) e namórase dela ó instante. Cando a súa moza Julie (Cameron Diaz) o sabe, tola polos celos, lanza o seu coche por unha ponte: ela morre e a cara de David queda desfigurada. Varios meses despois ningún cirurxián conseguiu reconstruírlle a faciana, e Sofía non sae máis con el porque o carácter del volveuse insoportable. Porén, Sofía dálle unha oportunidade e volven a saír xuntos. É entón cando os médicos atopan a solución para refacerlle a cara, e Sofía volve a amalo igual que antes. Inesperadamente Sofía desaparece e no seu lugar aparece Julie, que asegura que é Sofía e o proba coa súa documentación. David, perturbado pola situación, non sabe moi ben si perdeu o xuízo ou se é vítima dunha conspiración.
Personaxes Tom Cruise como David Aames Penélope Cruz como Sofia Serrano Kurt Russell como Dr. Curtis McCabe Jason Lee como Brian Shelby Cameron Diaz como Julianna "Julie" Gianni Noah Taylor como Edmund Ventura/Servizo de mantemento Timothy Spall como Thomas Tipp Tilda Swinton como Rebecca Dearborn Michael Shannon como Aaron Ken Leung como Director de Arte Shalom Harlow como Colleen Oona Hart como Lynette Ivana Miličević como Emma Johnny Galecki como Peter Brown Jhaemi Willens como Jamie Berline Alicia Witt como Libby Jennifer Aspen como Nina Steven Spielberg como Convidado á festa de David Aames
Galardóns e nomeamentos 2001: Nomeada ó Oscar: Mellor canción orixinal. 2001: 2 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor canción, actriz secundaria (Cameron Diaz). 2001: Nomeada ós Premios Razzie: Peor actriz (Penélope Cruz).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Cameron Crowe Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes de Cruise/Wagner Productions Categoría:Filmes producidos por Tom Cruise Categoría:Filmes producidos por Cameron Crowe Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes sobre suicidio Categoría:Filmes ambientados en Nova York