MIMOSA (acrónimo de Micro Measurements Of Satellite Acceleration) foi un satélite artificial da Academia de Ciencias da República Checa lanzado o 30 de xuño de 2003 mediante un foguete Rokot desde o cosmódromo de Plesetsk.

Características A misión de MIMOSA foi medir a densidade das capas superiores da atmosfera. Para iso levaba un acelerómetro compensado electrostáticamente e de seis graos de liberdade co que tomar datos sobre a forza coa que a atmosfera a altitudes orbitais freaba o satélite. O instrumento era suficientemente sensible como para detectar aceleracións de tan só 10−11 m/s².

MIMOSA tiña forma de poliedro de 28 caras e un tamaño aproximado de 560 x 560 x 570 mm. Reentrou na atmosfera o 11 de decembro de 2011.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de MIMOSA na Academia de Ciencias da República Checa

Categoría:Satélites artificiais