Kalpana 1, inicialmente denominado METSAT 1, e chamado así en honor ó astronauta indio Kalpana Chawla falecido no accidente do transbordador espacial Columbia de febreiro de 2003, é un satélite meteorolóxico da ISRO (Organización India para a Investigación Espacial) lanzado o 12 de setembro de 2002 mediante un foguete PSLV.
Características Kalpana 1 é un satélite adicado á observación meteorolóxica situado nunha órbita xeoestacionaria. Está estabilizado nos tres eixos e alimentado mediante paneis solares que producen unha potencia de ata 550 vatios. O satélite fai observacións no visible e no infravermello para obter imaxes da cobertura nubosa, do vapor de auga e a temperatura.
Instrumentos VHRR (Very High Resolution Radiometer): radiómetro que rexistra imaxes en tres bandas, unha visible, outra infravermella térmica e a última na banda infravermella do vapor de auga, cunha resolución de 2x2 km. DRT (Data Relay Transponder): transpondedor que recolle datos de estacións meteorolóxicas terrestres, tanto fixas como móbiles.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Kalpana-1 na páxina da ISRO
Categoría:Satélites artificiais