Acontecementos 2 de xullo - Batalla de Schellenberg na Guerra de Sucesión Española. 4 de agosto - Unha escuadra inglesa toma Xibraltar, e a praza queda xa como posesión de Inglaterra. 13 de agosto - Tropas francesas son derrotadas na Batalla de Höchstädt, durante a Guerra de Sucesión Española.
Nacementos 31 de xullo - Gabriel Cramer, matemático suízo (m. 1752). 16 de setembro - Louis de Jaucourt, médico, filósofo e escritor francés (m. 1789).
Mortes 2 de febreiro - Guillaume de l'Hôpital, matemático francés (n. 1661). 24 de febreiro - Marc-Antoine Charpentier, compositor francés (n. 1643). 28 de outubro - John Locke, filósofo inglés (n. 1632). Luísa Roldán, dita A Roldana, escultora barroca española (n. 1656). Francis Barlow, ilustrador inglés (n. 1626 aprox.).
Outros O bispo Manuel Navarrete inica un auto relixioso para recompilar os milagres do Bispo santo de Mondoñedo, San Gonzalo e conseguir a súa canonización.
Historia ano a ano
Categoría:1704