miniatura|180px|O knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović. O Principado de Serbia coñecido como Serbia do Morava (en serbio latino Moravská Srbija, en serbio cirílico Моравска Србија ), debido á súa vinculación co río Morava, foi o máis importante dos Estados de Serbia que xurdiron da caída do Imperio Serbio en 1371.

A creación deste estado foi obra do príncipe (knez) Lazar Hrebeljanović, que loitou e morreu na batalla de Kosovo Polje (1389),Encyclopedia Britannica. Battle of Kosovo. polo que tamén se coñece como o Reino do Knez Lazar.

Historia Consolidación Lazar deixou Prizren a principios dos anos 1370, e dedicouse á consolidación do seu poder nas rexións do norte de Serbia en torno da súa corte en Kruševac. Aínda que se comprometeu como vasalo de Estevo Uroš V de Serbia, en 1371 negouse a participar na batalla de Maritza, na que a maior parte do exército imperial serbio foi destruído por unha forza do Imperio Otomán.John Van Antwerp (1994): The Late Medieval Balkans: a critical survey from the late twelfth century to the Ottoman . University of Michigan. ISBN 0-472-08260-4, páz. 379 Pouco despois, Estevo Uroš V morreu. Foi o último dos monarcas da dinastía Nemanjić. miniatura|270px|esquerda|En rosa, a Serbia do Knez Lazar, sucada polo Morava.

A través dunha combinación de diplomacia, acción militar, alianzas e sa familia, Lazar apareceu como o máis poderoso nobre serbio que non estaba ao servizo dos otománs, e aproveitou o baleiro de poder producido pola morte de Uroš V.

Adquiriu certa lexitimidade dinástica casado con Milica Nemanjić e, a pesar de que conservou o título de Knez menor, utilizou o nome imperial "Stefan", así como o uso da autocracia.

Lazar dedicouse a fortalecer o estado serbio, sabendo que finalmente tería que enfrontarse á ameaza otomá. Durante o seu goberno unificou gran parte de Serbia e conseguiu a lealdade da maioría dos serbios. En 1377 permitiu ostentar o título de "Rei dos serbios" o rei Tvrtko I de Bosnia, que tiña máis vínculos cos Nemanjic que Lazar.

No ano seguinte, Lazar foi coroado como "Señor dos serbios e do Danubio, Stefan Príncipe Lazar, autócrata de todos os serbios". Súa primeira acción militar importante despois disto foi a batalla de Dubravnica, onde as súas tropas lograron unha decisiva vitoria sobre un exército otomán no sur de Serbia.

Non houbo novas hostilidades até a batalla de Pločnik (1386), onde o Knez Lazar conseguiu esmagar a un exército otomán e obrigalo a repregarse a Niš.Evans, Arthur. Through Bosnia and the Herzegóvina on Foot During the Insurrection, (Longmans, Green and Co, 1877), lxiv.

As tropas serbias de lazar tamén participaron na batalla de Bileca (1388) onde lograron outra vitoria sobre os turcos.

Desaparición Lazar morreu, como quedou dito, durante a decisiva Batalla de Kosovo de 1389 xunto con gran parte da elite política de Serbia. Despois da súa morte, o seu fillo Estevo Lazarević converteuse en príncipe de Serbia.

Inmediatamente despois da batalla de Kosovo, o rei Sexismundo I de Hungría (e emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico) atacou Serbia desde o norte, devastando o país. Non pudendo combeter en dúas frontes, o príncipoe Estevo, frustrado polos húngaros, aceptou a vasalaxe otomá,Blago Fund. Stefan Lazarevic, Prince (1389 - 1402). participando, nesta calidade de vasalo na batalla de Karanovasa en 1394, na de Roivine en 1395, na de Nicóplis en 1396 e na batalla de Ankara en 1402.

Converteuse en déspota de Serbia en 1402 e o seguinte proclamou Belgrado como capital do seu novo estado, coñecido como o Despotado de Serbia e que puxo o punto final ao período da Serbia do Morava.

Gobernantes Lazar Hrebeljanović (1371-1389) Etevo Lazarević (1389-1402)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Historia de Serbia Imperio Serbio Despotado de Serbia

Categoría:Balcáns Categoría:Historia de Serbia