Lara Cacabelos Afonso, nada en Pontevedra o 22 de maio de 1989, é unha regatista galega.
Traxectoria Compite na categoría match race nun equipo patroneado pola catalá Silvia Roca e a tinerfeña Eva González. Con ese equipo en 2010 proclamouse subcampioa Iberoamericana de vela, nun campionato disputado en Santander, ao rematar por detrás da tripulación patroneada por Támara Echegoyen. Tamén con Roca e González participou en 2011 tanto no campionato de España, onde se proclamou subcampioaEchegoyen se proclama campeona de España de Match Race , Navegar.es, 15/3/2010., como no mundial de vela desa categoría olímpica, celebrado en Perth, e onde remataron clasificadas na posición 12ª.
Estudou na Escola Técnica Superior de Náutica da Universidade de Cantabria.
Notas
Categoría:Regatistas de Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1989 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Cantabria