Antoni Tàpies i Puig, nado en Barcelona o 13 de decembro de 1923 e finado na mesma cidade o 6 de febreiro de 2012, foi un pintor, escultor e teórico da arte catalán.

Traxectoria É un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo, está considerado como un dos máis destacados artistas ibéricos do século XX. A obra do artista catalán goza dun centro de estudo e conservación na Fundación Antoni Tàpies de Barcelona.

Autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX, cun estilo abstracto pero cheo de simbolismo, dando gran relevancia ao substrato material da obra. Cabe destacar o marcado sentido espiritual dado polo artista á súa obra, onde o soporte material transcende o seu estado para significar unha profunda análise da condición humana.

A obra de Tàpies tivo unha gran valoración a nivel tanto nacional como internacional, estando exposta nos máis prestixiosos museos do mundo. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e distincións, entre os que cabe destacar o Premio da Fundación Wolf das Artes (1981), a Medalla de Ouro da Generalitat de Cataluña (1983), o Premio Princesa de Asturias das Artes (1990), a Medalla Picasso da Unesco (1993) e o Premio Velázquez de Artes Plásticas (2003). Como recoñecemento á súa traxectoria artística o rei español Xoán Carlos I outorgoulle o 9 de abril de 2010 o título de marqués de Tàpies.

Véxase tamén

Ligazóns externas Biografía Antoni Tàpies Páxina da Fundación Tàpies

Categoría:Escultores de Cataluña Categoría:Pintores de Cataluña Categoría:Pintores do século XX Categoría:Premios Princesa de Asturias das Artes Categoría:Premio Tomás Francisco Prieto Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade Complutense de Madrid Categoría:Medalla de Ouro da Generalitat de Catalunya Categoría:Escultores do século XX Categoría:Escultores do século XXI Categoría:Pintores do século XXI