miniatura|300px|Armas da casa de Nemanjić.
A dinastía Nemanjić (en serbio cirílico Немањићи, en serbio latino Nemanjić, pronuncia Nemáñich) foi a dinastía real da Serbia medieval, que gobernou o país entre 1166 e 1371.
Os gobernantes da casa adoptaron, sucesivamente, os títulos de Veliki Župan (Gran Župan, Gran Príncipe), Kralj (Rei) e Car (Tsar, Emperador).
Foi iniciada por Stefan Nemanja, sendo o seu último monarca Stefan Uroš V.
A dinastía Nemanjić
Recibiu o nome do seu fundador, Stefan Nemanja, descendente da casa de Vojisavljević, e ten once monarcas, tendo continuidade na casa de Lazarević e, despois, na casa de Branković.
Despois de que Stefan Nemanja adoptara o nome de Stefan todos os seguintes monarcas usaron ese nome como título, que enseguida se converteu no signo da monarquía, e todos os pretendentes mostraban as súas aspiracións ao trono antepoñéndoo ao seu propio nome.
Os Nemanjić crearon un estado ben organizado e potente, edificaron moitas igrexas e mosteiros, e ampliaron o territorio serbio. Algúns dos monarcas desta casa real incluso escribiron algunhas das obras literarias máis importantes do seu tempo.
O escudo dos Nemanjić foi a aguia bicéfala branca sobre fondo vermello, herdado da dinastía bizantina dos Paleólogos.
Os monarcas desta casa primeiro levaron o título de Gran Župan (Gran Príncipe) de Raška desde 1166, e o estado serbio levaba o título de županija (Principado). Despois da coroación de Stefan o Primeiro Coroado en 1217, o título completo foi Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zahumlje, aínda que a versión máis curta foi a de Rei dos serbios. No ano 1346 o título do monarca serbio pasou a ser o de Tsar (Emperador), co que o título completo foi o de Tsar de todos os serbios, albaneses, gregos e búlgaros.
Xenealoxía dos Nemanjić Stefan Nemanja, Gran Župan, casou con Ana (que ao final da súa vida fíxose monxa e cambiou o nome polo de Anastasia) e con ela tivo tres fillos, Vukan, Stefan e Rastko (máis tarde, San Sava)), así como dúas fillas.
Vukan Nemanjić tivo fillos: Djordje, Stefan, Dimitrije, Vladin e Rastko, dos cales só o župan Dimitrije tivo descendentes, un fillo, Vratislav. Vratilsav á súa vez tivo un fillo, o knez Dimitrije Vratko, e Dimitrije Vratko tivo un fillo, o župan Nikola e unha filla, Milica, que casou con Lazar Hrebeljanović. Estevo Nemanjić o Primeiro Coroado casou primeiro con Evdokija, a filla do emperador biz<antino Aleixo III Anxo, pero máis tarde volveu a casar, esta vez con Ana Dándolo, neta de Enrique Dándolo, o dux de Venecia. Con Ana, tivo cinco fillos. Radoslav, Vladislav, Predislav e Uroš I, así como unha filla, Komnena. Stefan Radoslav casou con Ana, filla de Teodoro I Anxo, déspota e emperador de Tesalónica. Stefan Vladislav casou con Beloslava, filla do Tsar búlgaro Asen II, e con ela tivo tres fillos, Estevo, Desa e unha filla máis. Predislav elixiu a vida relixiosa, e fíxose monxe. Chegou a ser arcebispo serbio e, despois de morto foi canonizado (San Sava II). Uroš I casou con Elena de Anjou e con ela tivo fillos: Dragutin, Milutin e Stefan. Stefan Dragutin, rei de Srem, casou con Catarina, filla do rei de Hungría Estevo V, e con ela tivo a Vladislav, Uroš (o monxe Stefan), Jelisaveta, casada con Estevo I Kotromanić e unha filla máis, casada con Pavle Šubić. Vladislav estivo casado primeiro con Ana Morozzini, e despois coa filla do duque de Transilvania, Ladislav Apor. Milutin estivo casado cinco veces. A súa primeira muller foi Jelena, pertencente á nobreza serbia; a segunda foi a filla do gobernador de Tesalia, Huan I Anxo; a terceira, Isabel, filla do rei húngaro Estevo V; a cuarta, Ana, filla do tsar búlgaro Georgio Tarter, e a quinta, Simonida, filla do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo. Con Simonida tivo os fillos Stefan e Konstantin, e as fillas Ana (casada con Mihailo Šišman, tsar búlgaro) e Zorica. Stefan Dečanski estivo casado primeiro con Teodora, filla do tsar búlgaro Smilec, coa que tivo a Dušan, Dušica e, segundo algúns, tamén a Jelena (casada con Mladen III Šubić. Logo casou con María, filla de Xoán Paleólogo, coa que tivo a Siniša, Jelena (casada con Mladen III Šubić) e Teodora (casada co déspota Dejan). Estevo Dušan estivo casado con Helena, irmá do tsar búlgaro Huan Alexandre, e con ela tivo dous fillos, Estevo Uroš V e Simeon Siniša. Estevo Uroš V casou con Ana, filla do duque de Valaquia, Alexandre. Simeon (Uroš) Nemanjić estivo casado con Tomaida, filla de Huan II Orsini e Ana Paleólogo, e con ela tivo a Jovan Uroš, Stefan Duka e Marija Angelina Dukena (que estivo casada con Toma Preljubović, dáspota de Janjine, e despois con Esau de Buondelmonti. Stefan Duka casou coa filla de Francisco Georgio, Margrave de Bodonitze.
Das dúas fillas de Stefan Nemanja, unha, Efimia, casou co déspota Manuel Anxo, que despois sería o déspota e emperador de Tesalónica, e a segunda cun tal Asen, co que tivo un fillo, o futuro tsar búlgaro, Constantino Asen.
Lista de monarcas da dinastía Nemanjić miniatura|250px|Mosteiro serbio ortodoxo de Hilandar no monte Athos, fundadado por San Sava e o seu pai, Stefan Nemanja Stefan Nemanja tamén coñecido por Stefan I Nemanja (1166-1199), Gran Župan de Serbia. Vukan II Nemanjić (1196—1208), gobernador de Zeta Stefan II Nemanjić, chamado Stefan o Primeiro coroado (1176—1228), Gran Župan s Serbia e, despois, Rei de Serbia. Stefan Radoslav ou Stefan II Radoslav (1228—1234) Stefan Vladislav I (1234—1243) Stefan Uroš I (1243—1276) Stefan Dragutin (1276—1282) (despois gobernou tamén Srem) Stefan Uroš II Milutin (1282—1321) Stefan Vladislav II (1321 - ao redor de 1325) Stefan Uroš III Dečanski (1321—1331) Estevo Uroš IV Dušan, Tsar Dušan, o Poderoso (1331—1355), Rei de Serbia (1331—1346), Tsar de todos os serbios, albaneses, gregos e búlgaros (1346—1355) Tsar Stefan Uroš V, Tsar Uroš o Débil (1355—1371)
Casa Lazarević O fillo do tsar Dušan, Stefan Uroš, non tivo fillos, e a casa de Lazarević xurdiu a partir de Milica Nemanjić, que era curmá de Dušan e que casara co Knez Lazar: Knez Lazar Hrebeljanović (1371-1389) Déspota Stefan Lazarević (1389-1427)
Casa Branković A filla do knez Lazar, Mara, casou co nobre Vuk Branković. Os seus descendentes gobernaron Serbia.
Déspota Djuradj Branković (1427-1456) Déspota Lazar Branković (1456-1458) Déspota Stefan Branković (1458-1459)
Os Nemanjić, monarcas do Despotado de Epiro Simeon-Siniša foi o fillo de Stefan Dečanski e María Paleólogo e medio irmán do Tsar Dušan, sentíndose máis grego que serbio. O seu medio irmán deulle Epiro, onde gobernou como dépota até 1359, cando se independizou do fillo o tsar Dušan, Uroš o Débil, e gobernou Epiro como déspota independente até a súa morte. Tivo dous fillos, Stefan Nemanjić e Jovan Uroš, que herdou ao seu pai no trono de Epiro. Despois da súa morte, o Despotado de Epiro extinguiuse xunto con esta rama da dinastía Nemanjić.
Tsar Simeon-Siniša de Epiro (1359-1370), fillo de Stefan Dečanski e a princesa grega. Tsar Jovan Uroš de Epiro (1370-1373), fillo de Simeon-Siniša, o último monarca de Epiro.
Santo
San Sava, santo padrón de Serbia, foi tamén un Nemanjić.
Árbore xenealóxica dos Nemanjić
Véxase tamén
Bibliografía Fine, John V. A. (1991): The early Medieval Balkans: A Critical Survey from the 6th to the Late 12th Century. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7 Fine, Jonh V. A. (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08260-4
Outros artigos Historia de Serbia. Historia dos eslavos do sur. Imperio serbio. Reino de Serbia (medieval). Despotado de Epiro. Despotado de Serbia. Stefan (título).
Ligazóns externas Xenealoxía, Monarcas de Serbia Consultada o 7/1/2012. Esteban Dushan. Rei de Serbia/Rascia Consultada o 7/2/2012. Serbia Medieval - Os Nemanjić Consultada o 7/2/2012. Chilandar - Dinastía Nemanjić Consultada o 7/2/2012.