Para a actual competición homónima véxase: American Basketball Association (2000).

A American Basketball Asociation (ABA) foi unha liga de baloncesto creada en 1967 en directa competencia coa National Basketball Association (NBA) nos Estados Unidos. Por ela pasaron grandes figuras do baloncesto norteamericano, até a súa disolución, en 1976.

Historia miniatura|esquerda|180px|Julius Erving, o Dr. J, foi un dos abandeirados da competición. Trala fin da ABA fixo carreira na NBA. A ABA orixinal foi fundada en 1967, competindo coa ben estabelecida National Basketball Association (NBA), até a fusión entre ambas competición en 1976. De acordo coa The NBA Encyclopedia o obxectivo da ABA a longo prazo era forzar unha fusión coa liga máis arraigada. Os dirixentes da ABA contaban aos donos potenciais que podían conseguir un equipo da ABA pola metade do que custaba conseguir un equipo de expansión da NBA nesa momento, así que cando se producira a fusión o seu rendemento sería de máis do dobre.

En última instancia, catro equipos da ABA foron absorbidos pola NBA: New York Nets, Denver Nuggets, Indiana Pacers e San Antonio Spurs. Outros dous clubs, Kentucky Colonels e Spirits of St. Louis, disolvéronse e un terceiro, Virginia Squires, pechou menos dun mes antes, perdendo as oportunidades que unha fusión podería proporcionar.

A ABA distínguese da súa homóloga maior, por un estilo máis aberto e rechamante do xogo ofensivo, así como diferenzas nas normas: posesións de 30 segundos (en oposición aos 24 da NBA, aínda que a ABA cambiou tamén a 24 segundos para a tempada 1975-76) e o uso da liña de tres puntos (inexistente daquela na NBA). Ademais, a ABA utilizaba un colorido balón tricolor: azul, branco e vermello, no canto da tradicional bóla de cor laranxa da NBA. A ABA tamén tivo varias franquías "rexionais", como Virginia Squires e Carolina Cougars, que xogaban os partidos como locais en distintas cidades do Estado.

A ABA foi hábil tamén ao conseguir que catro dos mellores árbitros da NBA: Earl Strom, John Vanak, Drucker Norma e Gushue Joe, se pasasen á liga, ofrecéndolles moito máis diñeiro e beneficios. Nas memorias de Earl Strom, Calling the Shots, transmite a embriagadora sensación de ser cortexado por unha liga rival con diñeiro para queimar, e tamén a depresión que transcorre no ano seguinte, cando comezou a arbitrar na ABA, con menos xogadores, peores pavillóns e fronte unha multitude moi pequena. Porén, a aparición da ABA aumentou os salarios dos árbitros do mesmo xeito que o fixo co dos xogadores.

O estilo despreocupado da ABA co tempo conseguiu unha gran popularidade cos afeccionados, pero a falta dun contrato televisivo nacional e prolongadas perdas financeiras que carrexar foron a perdición da ABA como campionato independente. En 1976, o último ano da súa existencia, a ABA foi pioneira na creación do agora popular concurso de mates no All-Star de Denver. Unha das contribucións máis significativas a longo prazo da ABA ao baloncesto profesional foi a apertura de mercados na zona sueste dos Estados Unidos, xa que a NBA centrábase nas zonas urbanas do nordés, medio oeste e costa oeste, non amosando até ese momento ningún interese na creación de equipos ao sur de Washington, D.C..

Comisionados miniatura|120px|George Mikan (#99) A estrela da NBA George Mikan foi o primeiro comisionado da ABA, onde introduciu tanto a liña de tres puntos como o famoso balón azul, branco e vermello. Con todo, Mikan renunciou dous anos despois, en 1969. Dave DeBusschere, unha das estrelas dos campións New York Knicks, deixou o seu posto como vicepresidente e xerente xeral dos New York Nets en 1975 para converterse no último comisionado da ABA e facilitar a súa fusión coa NBA ao ano seguinte.

George Mikan (1967–1969) James Gardner (1969) Jack Dolph (1969–1972) Bob Carlson (1972–1973) Mike Storen (1973–1974) Tedd Munchak (1974–1975) Dave DeBusschere (1975–1976)

Equipos Dos once equipos orixinais, tan só os Kentucky Colonels e os Indiana Pacers permaneceron as nove tempadas que durou a ABA sen trocar de cidade, nome ou desaparecer.

Franquía Cidade/Nome Anos Destino Anaheim AmigosLos Angeles StarsUtah Stars Anaheim Amigos 1967–1968 Desaparición, 1975 Los Angeles Stars 1968–1970 Utah Stars 1970–1975 Dallas/Texas ChaparralsSan Antonio Spurs Dallas Chapparals 1967–1970 Uniuse á NBA en 1976como San Antonio Spurs Texas Chaparrals 1970–1971 Dallas Chaparrals 1971–1973 San Antonio Spurs 1973–1976 Houston MavericksCarolina CougarsSpirits of St. LouisUtah Rockies Houston Mavericks 1967–1969 Desaparición, 1976 Carolina Cougars 1969–1974 Spirits of St. Louis 1974–1976 Utah Rockies 1976 Indiana Pacers Indiana Pacers 1967–1976 Uniuse á NBA en 1976como Indiana Pacers Kansas City/Denver Larks/Rockets/Nuggets Kansas City (unnamed) 1967 Uniuse á NBA en 1976como Denver Nuggets Denver Larks 1967 Denver Rockets 1967–1974 Denver Nuggets 1974–1976 Kentucky Colonels Kentucky Colonels 1967–1976 Desaparición, 1976 Minnesota MuskiesMiami FloridiansFloridians Minnesota Muskies 1967–1968 Desaparición, 1972 Miami Floridians 1968–1970 Floridians 1970–1972 New Orleans/Louisiana BuccaneersMemphis Pros/Tams/SoundsBaltimore Hustlers/Claws New Orleans Buccaneers 1967–1970 Desaparición, 1975 Louisiana Buccaneers 1970 Memphis Pros 1970–1972 Memphis Tams 1972–1974 Memphis Sounds 1974–1975 Baltimore Hustlers 1975 Baltimore Claws 1975 New York/New Jersey AmericansNew York/New Jersey Nets New York Americans 1967 Uniuse á NBA en 1976como New Jersey Nets New Jersey Americans 1967–1968 New York Nets 1968–1976 Oakland Americans/OaksWashington CapitalsVirginia Squires Oakland Americans 1967 Desaparición, 1976 Oakland Oaks 1967–1969 Washington Capitals 1969–1970 Virginia Squires 1970–1976 Pittsburgh Pipers/Pioneers/CondorsMinnesota Pipers Pittsburgh Pipers 1967–1968 Desaparición, 1972 Minnesota Pipers 1968–1969 Pittsburgh Pipers 1969–1970 Pittsburgh Pioneers 1970 Pittsburgh Condors 1970–1972 San Diego Conquistadors/Sails San Diego Conquistadors 1972–1975 Desaparición, 1975 San Diego Sails 1975

Tempadas Ano Campión do Oeste Xogos Campión do Leste MVP dos Playoffs Equipo1967–68 New Orleans Buccaneers 3–4 Pittsburgh Pipers Connie Hawkins Pittsburgh Pipers1968–69 Oakland Oaks4–1 Indiana Pacers Warren Jabali Oakland Oaks1969–70Los Angeles Stars 2–4Indiana PacersRoger Brown Indiana Pacers1970–71Utah Stars4–3 Kentucky ColonelsZelmo Beaty Utah Stars1971–72Indiana Pacers4–2 New York Nets Freddie Lewis Indiana Pacers1972–73Indiana Pacers4–3Kentucky Colonels George McGinnis Indiana Pacers1973–74Utah Stars1–4 New York NetsJulius Erving New York Nets1974–75Indiana Pacers 1–4 Kentucky ColonelsArtis Gilmore Kentucky Colonels

Coa ABA reducida a sete equipos a mediados da súa última temporada, a liga abandonou a división do campionato en conferencias.

Ano Campión Xogos Finalista MVP dos Playoffs Equipo1975–76New York Nets4–2 Denver Nuggets Julius Erving New York Nets

Resultados por equipos EquiposFinaisCampiónFinalistaAnos campiónAnos finalistaIndiana Pacers5321970, 1972, 1973 1969, 1975New York Nets3211974, 1976 1972Kentucky Colonels3121975 1971, 1973Los Angeles / Utah Stars3121971 1970, 1974Oakland Oaks1101969 —Pittsburgh Pipers1101968 —Denver Nuggets101— 1976New Orleans Buccaneers101— 1968

Líderes Elixido para o Naismith Memorial Basketball Hall of Fame

Anotación AnoXogadorEquipoPartidosPuntosPPP1967–68 Pittsburgh Pipers70187526,81968–69 Oakland Oaks35119034,01969–70Denver Rockets84251930,01970–71 Kentucky Colonels83248029,91971–72Virginia Squires73252434,61972–73 Virginia Squires71226831,91973–74 (2)New York Nets84229927,41974–75Indiana Pacers79235329,81975–76 (3)New York Nets84246429,3

Rebotes AnoXogadorEquipoPartidosOfensivosDefensivosTotaisRPP1967–68Minnesota Muskies78502711121315,61968–69 (2)Indiana Pacers76383873125616,51969–70Denver Rockets845331104163719,51970–71 (3)Indiana Pacers823941081147518,01971–72 Kentucky Colonels844211070149117,81972–73 (2)Kentucky Colonels844491027147617.61973–74 (3)Kentucky Colonels844781060153818,31974–75San Antonio Spurs78369910127916,41975–76 (4)Kentucky Colonels84402901130115,5

Asistencias AnoXogadorEquipoPartidosAsistenciasAPP1967–68 New Orl. Buccaneers785066,51968–69 (2)Oakland Oaks775447,11969–70 (3)Washington Caps825807,11970–71New York Nets816728,31971–72 (2)New York Nets806698,41972–73 (3)New York Nets614537,41973–74Denver Rockets766198,11974–75Denver Nuggets745707,71975–76Indiana Pacers846898,2

Recuperacións AnoXogadorEquipoPartidosRoubosRPP1973–74Denver Rockets842502,981974–75New York Nets792212,801975–76Indiana Pacers843464,12

Tapóns AnoXogadorEquipoPartidosTapónsTPP1973–74San Diego Conquist.793164,001974–75 (2)San Diego Conquist.762463,241975–76San Antonio Spurs832533,05

Premios XogadorDenota que foi elixido no Naismith Memorial Basketball Hall of FameXogador (X)Denota o número de ocasión nas que o xogador recibiu o respectivo premio Mellor xogador miniatura|Artis Gilmore. O "Most Valuable Player" (MVP, Xogador máis valioso) foi un premio anual outorgado por primeira vez en 1968 ao mellor xogador da fase regular da competición. Todo xogador que obtivo o galardón xogou para un equipo que acadou polo menos 45 vitorias en nesta fracción de tempada. O gañador do premio inaugural foi o membro do Salón da Fama Connie Hawkins. Outro membro do Hall of Fame, Julius Erving, coñecido popularmente como "Dr. J", gañou o premio en tres ocasións, todas cos New York Nets, o que supón a mellor marca do torneo. O outro xogador que conseguiu o galardón en máis dunha ocasión foi Mel Daniels, que o gañou dúas veces cos Indiana Pacers. Erving e George McGinnis foron os gañadores conxuntos en 1975. Dous xogadores que debutaban na competición gañaron o premio: Spencer Haywood en 1970 e Artis Gilmore en 1972.

AnoXogadorPosiciónEquipo1967-68 Aleiro Pittsburgh Pipers1968-69 Pivote Indiana Pacers1969-70 Ala-pivote Denver Rockets1970-71 (2) Pivote Indiana Pacers1971-72 Pivote Kentucky Colonels1972-73 AleiroCarolina Cougars1973-74 Aleiro New York Nets1974-75 (2) Aleiro New York Nets1974-75 Ala-pivote Indiana Pacers1975-76 (3) Aleiro New York Nets

Mellor novato miniatura|Brian Taylor. O premio Rookie of the Year (Novato do ano) foi un premio anual outorgado ao mellor xogador debutante na competición durante a fase regular.

AnoXogadorPosiciónEquipo1967-68PivoteMinnesota Muskies1968-69BaseOakland Oaks1969-70Ala-pivoteDenver Rockets1970-71EscoltaVirginia Squires1970-71 Ala-pivoteKentucky Colonels1971-72 PivoteKentucky Colonels1972-73BaseNew York Nets1973-74PivoteSan Antonio Spurs1974-75Ala-pivoteSpirits of St. Louis1975-76 EscoltaDenver Nuggets

Véxase tamén Outros artigos National Basketball Association

Ligazóns externas Remember the ABA

Categoría:Ligas de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ligas de baloncesto desaparecidas