220px|miniatura|dereita|Número CAS: 51-48-9. 220px |miniatura|dereita|Nome IUPAC: ácido (2S)-2-amino-3-[4-(4-hidroxi-3,5-diiodofenoxi)-3,5-diiodofenil]propanoico. A tiroxina (/ks/), tamén chamada tetraiodotironina ou T4PubChem compound Thyroxine, é a principal hormona tiroide segregada polas células foliculares da glándula tiroide e leva unidos catro átomos de iodo.

Síntese e regulación miniatura|esquerda|Síntese das hormonas tiroides, coa tiroxina na parte inferior dereita.Síntese.|miniatura|esquerda

A cantidade de iodo necesaria para o organismo é de 80 a 200 microgramos diarios. O iodo tómase como ioduro e no intestino redúcese a iodo iónico que é absorbido rapidamente pola tiroide. Unha vez na tiroide incorpórase a un aminoácido, a tirosina; a súa unión covalente require da tiroperoxidase (TPO) que o unirá ás porcións fenilo do residuo do aminoácido. Non se debe confundir o aminoácido tirosina co produto hormonal final tiroxina. A asociación dunha molécula de iodo á tirosina produce monoiodotirosina (T1), a de dous a diiodotirosina (T2), e a unión de dous T2 dará lugar á tiroxina T4.Solociencia Glándula tiroides Todos estes elementos combínanse no complexo tiroglobulina (TGB), que é a forma en que se almacenan as hormonas tiroides, e a partir do cal, por hidrólise, se liberarán as hormonas. Para que pasen ao sangue requírese da axuda dun trasportador.

A hormona que regula a función tiroide e que se produce na hipófise, denomínase hormona estimulante da tiroide (TSH), e funciona da seguinte maneira: cando o nivel de hormonas tiroides está por debaixo do normal, a hipófise detéctao e aumenta a produción de TSH, que estimula a tiroide para que libere máis hormona tiroide; se polo contrario o nivel de hormonas tiroides é moi elevado inhíbese por retroalimentación negativa a produción na hipófise de TSH.

miniatura|370px|esquerda|Reaccións.

Transporte A partir da T1 (ou MIT, monoiodotirosina) fórmase en varios pasos a T4, que se almacena na tiroide como tiroglobulina (xunto coa triiodotironina ou T3). Segundo as necesidades, a tiroglobulina fracciónase por hidrólise na propia tiroide liberando T4 e T3. Estas pasan ao sangue como T4 e T3 unidas a proteínas (un 99,97% do total), principalmente á globulina fixadora de tiroxina (TBG), e, en menor medida, á transtiretina e albumina, e só o 0,03% en forma de T4 libre (hormona activa non unida a proteínas). Unha vez liberada no sistema circulatorio, a tiroxina ten unha vida media dunha semana.

Efectos esquerda|miniatura|200px|O sistema de hormonas tiroides T3 e T4.References used in image are found in image article in Commons Commons:File:Thyroid_system.png#References. A tiroxina é a prohormona e reserva da hormona tiroide activa triiodotironina (T3), que é arredor de catro veces máis potente. A T4 é convertida nos tecidos a T3 por desiodinases, como a hormona tiroide iodo peroxidase (TPO). O isómero "D" denomínase "dextrotiroxina"Mesh Dextrothyroxine e utilízase como un axente modificador de lípidos.ATC C10 - AX01

A tiroxina regula o metabolismo celular. A hiposecreción da hormona ralentiza o metabolismo, o que pode producir aumento de peso, debilitamento muscular, aumento da sensibilidade ao frío, diminución do ritmo cardíaco e unha perda das actividades mentais de alerta. A hipersecreción acelera o metabolismo, producindo aumento do apetito, perda de peso, irritabilidade, nerviosismo, taquicardia e intolerancia aos lugares cálidos.

A tiroxina, xunto coa hormona do crecemento, intervén na regulación do crecemento corporal, especialmente do sistema nervioso. Durante o desenvolvemento do feto un déficit en tiroxina produce a formación dun número menor de neuronas. Un déficit da hormona tiroide durante os primeiros anos de vida ocasiona unha menor estatura e un desenvolvemento menor dos órganos reprodutores e do cerebro. A administración de tiroxina incrementa significativamente a concentración do factor de crecemento dos nervios no cerebro de ratos adultos.Walker et al. (27 April 1979) Thyroxine increases nerve growth factor concentration in adult mouse brain. Science. Vol. 204, No. 4391. pp. 427 - 429.

A tiroxina tamén actúa en vertebrados, como os peixes e os anfibios. O salmón é un peixe que inicia a súa vida en auga doce, logo emigra á auga salgada e finalmente torna á auga doce a desovar e morrer. Cando está na auga doce, esta tende a entrar dentro do peixe por osmose, entanto que na auga salgada o animal pode deshidratarse por perda de auga. A hormona tiroxina xera os cambios metabólicos que permiten ao salmón pasar dun medio a outro sen incharse ou deshidratarse.

Nos anfibios, cando os niveis en sangue de tiroxina aumentan, desencadean a metamorfose. A hormona do crecemento das ras controla o crecemento posterior á metamorfose. Na maioría dos vertebrados, como as aves e serpes, a tiroxina controla o cambio estacional da plumaxe ou da pel.

Medición A tiroxina é unha hormona hidrófoba, polo que viaxa pola circulación sanguínea ligada a unha proteína hidrofílica trasportadora que une especificamente a hormona: a globulina fixadora da tiroxina (TBG). Esta aumenta a vida media biolóxica da hormona e a súa concentración plasmática, podendo dar lugar isto último a concentracións totais e libres de tiroxina diferentes.

Á hora de interpretar clinicamente a cantidade de hormona en sangue, habería que ter isto en conta e supoñer a concentración de proteína fixadora; algo complicado dado que pode variar significativamente co ambiente nutricional e hormonal do paciente. Por iso, a maioría dos laboratorios clínicos utilizan un método de medida que detecte só a hormona libre (que é a forma activa), evitando así problemas de interpretación de concentracións totais de hormona. Polo tanto, podemos medir a tiroxina como tiroxina libre ou como tiroxina total, é dicir, a hormona libre en solución máis a que está ligada á proteína transportadora.R. K. Semple, F. F. Bolander Jr. Endocrinología bioquímica. En: Gary A. Bannon, Andrew Pitt, director/ John W. Baynes , Marek H. Dominiczak. Bioquímica médica. 3ª edición. Barcelona: Elsevier Mosby; 2011. pp 525-47.

Defínese o índice de tiroxina libre como a concentración de tiroxina libre mutiplicada pola captación de hormona tiroide, que resulta na medición das globulinas fixadoras de tiroxina non unidas.Military Obstetrics & Gynecology > Thyroid Function Tests In turn citing: Operational Medicine 2001, Health Care in Military Settings, NAVMED P-5139, May 1, 2001, Bureau of Medicine and Surgery, Department of the Navy, 2300 E Street NW, Washington, D.C., 20372-5300

A medición da tiroxina e demais elementos tiroides, permiten diagnosticar doenzas relacionadas coa glándula tiroide, tales como o hipotiroidismo (alta concentración de TSH e baixa concentración de hormonas tiroides en sangue) e o hipertiroidismo (baixa concentración de TSH e alta concentración de hormonas tiroides en sangue).R. K. Semple, F. F. Bolander Jr. Endocrinología bioquímica. En: Gary A. Bannon, Andrew Pitt/ John W. Baynes , Marek H. Dominiczak. Bioquímica médica. 3ª edición. Barcelona: Elsevier Mosby; 2011. pp 525-47.

O rango normal de T4 para un adulto é 4 - 11 mcg/dL.

Enfermidades A alteración das concentracións normais das hormonas tiroides, é dicir, da tiroxina, xunto con outros elementos ou compoñentes do sistema endócrino, dá lugar ao hipotiroidismo ou ao hipertiroidismo (diminución ou aumento da hormona, respectivamente). Desta maneira, poden manifestarse enfermidades como: Bocio simple: é un aumento parcial ou total da glándula tiroide debido a un déficit de iodo ou de tiroxina. Cretinismo ou hipotiroidismo conxénito: unha enfermidade causada pola ausencia conxénita de tiroxina. Tiroidite de Hashimoto: prodúcese unha destrución das células tiroides e a conseguinte diminución dos niveis de hormonas tiroides debido á acción dun anticorpo sobre estas células. Enfermidade de Graves: é unha excesiva produción de tiroxina co conseguinte aumento da actividade metabólica. Bocio multinodular tóxico ou tirotoxicose: é a manifestación simultánea da enfermidade de Graves e o bocio multinodular simple (hipertiroidismo). A súa causa non está clara, mais sospéitase que ten unha orixe autoinmune.http://www.quirurgica.com/index.php?option=com_content&view=article&id=18:el-tiroides-y-sus-enfermedades&catid=6:enfermedades-del-tiroides-y-de-otras-glandulas&Itemid=25

Tamén son moi comúns diferentes tipos de cáncer tiroide: Carcinoma papilar tiroide. Carcinoma folicular tiroide: orixinado nas células foliculares, que son as que producen as hormonas tiroides. Cáncer medular tiroide: orixinado nas células C produtoras de calcitonina. Cáncer anaplásico.http://www.cancer.gov/espanol/pdq/tratamiento/tiroides/HealthProfessional/page2

Historia O farmacéutico e científico americano Edward Calvin Kendall, foi o primeiro en illar de forma pura (cristalina) a tiroxina en 1914 na Clínica Mayo, a partir dun hidrolizado de extractos de glándulas tiroides de porco.E.C. Kendall in J. Am. Med. Assoc., 1915, Vol. 64, pp 2042-2043: The isolation in crystalline form of the compound containing iodin, which occurs in the thyroid: Its chemical nature and physiologic activity. Isto, xunto co descubrimento da fórmula desta hormona feito por Charles Robert Harington, permitiu que algúns anos despois, este xunto con George Barger sintetizaran por primeira vez a tiroxina.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Levotiroxina Hormona tiroide Triiodotironina Célula folicular tiroide Receptor de hormona tiroide

Categoría:Hormonas