I Lombardi alla prima crociata (en galego Os lombardos na primeira cruzada) é un drama lírico operístico nun preludio e catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseado no poema homónimo publicado en 1826 por Tommaso Grossi. A súa estrea tivo lugar no Teatro alla Scala de Milán o 11 de febreiro de 1843, obtendo un grande éxito. Verdi adicoulle a partitura a María Luisa, a duquesa Habsburgo de Parma, quen morreu unhas poucas semanas despois da estrea. En 1847 foi revisada para a súa estrea en París, baixo o título Jérusalem.
Esta ópera rara vez se representa na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con só 5 representacións no período 2005-2010.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 11 de febreiro de 1843Lista de cantantes tomada de Budden, Vol. 1, p. 114(Director: Eugenio Cavallini, primeiro violín)Arvino, fillo de Lord FolcotenorGiovanni SeveriPagán/ermitán, fillo de Lord FolcobaixoProsper DérivisViclinda, dona de Arvino sopranoTeresa RuggeriGiselda, filla de ArvinosopranoErminia FrezzoliniOronte, fillo de AccianotenorCarlo GuascoAcciano, tirano de AntioquíatenorLuigi VairoSofia, dona de AccianosopranoAmalia GandagliaPirro, cabaleiro de Arvino baixoGaetano RossiUn prior da cidade de Milán tenorNapoleone MarconiMilaneses, gardas do pazo, cruzados, peregriños, monxas, asasinos, mulleres do harén, guerreiros - Coro
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1843