"Get off of My Cloud" (en galego: Baixa da miña nube) é unha canción da banda de rock inglesa The Rolling Stones lanzada en 1965. Foi escrita como un complemento do éxito anterior "(I Can't Get No) Satisfaction" e encabezou as listas dos Estados Unidos e do Reino Unido, sendo o segundo hit #1 consecutivo na Unión Americana.Get Off Of My Cloud The Stones dixeron que a canción está escrita como reacción á súa repentina popularidade tras o éxito de "Satisfaction" e refírese á súa aversión ás expectativas que a xente ten sobre eles.

Historia Escrita por Mick Jagger e Keith Richards, o sinxelo foi gravado en xullo ou a principios de setembro de 1965 nos RCA Studios dos Ánxeles, California e producida, como o seu anterior sinxelo, polo seu representante Andrew Loog Oldham, axudado na enxeñaría por Dave Hassinger. Foi lanzada o 25 de setembro dese ano nos Estados Unidos, con "I'm Free" como lado-B, e case un mes máis tarde, 22 de outubro, no Reino Unido, con "The Singer Not the Song" como lado-B, alcanzando o tope das listas en ambos charts.

Letra A letra é desafiante e rebelde, algo común nos Stones da época, onde empezan a cultivar a súa imaxe de "chicos malos". A canción fala da necesidade de estar só e da frustración provocada pola intrusión do veciño, da policía ou do vendedor que peta na porta que na maioría dos casos por demandas estúpidas ou exasperantes. Páxina 36

A diferenza do seu exitoso hit anterior, "Satisfaction", a canción non se enfoca na insatisfacción co mundo que os arrodea, senón máis ben na conservación do espazo vital da persoa.

Melodía A canción caracterízase pola intro de batería de Charlie Watts e as guitarras xemelgas de Brian Jones e Keith Richards.Unterberger, Richie. The Rolling Stones "Get Off of My Cloud". allmusic. 2007 (consultado el 15 de junio del 2007). O ton da canción é en E maior e é unha variación do riff da canción "Louie Louie" de Richard Berry lanzada en 1955.

Persoal

Mick Jagger - voz Brian Jones - guitarra solista Keith Richards - guitarra rítmica, voces Charlie Watts - batería Bill Wyman - baixo

Historial de lanzamentos Discos de Rolling Stones December's Children (And Everybody's) (1965) Got Live If You Want It! (1966) Big Hits (High Tide and Green Grass) (1966) Love You Live (1977) Forty Licks (2002) The Biggest Bang (2007)

Versións Get Off My Cloud de Cary August (1994) Get Off My Cloud de Alexis Korner (1975) UHF - Original Motion Picture Soundtrack and Other Stuff, como Hot Rocks Polka por "Weird Al" Yankovic (1989) Get Off of My Cloud de The Meteors é parcialmente a mesma letra e melodía. Get Off My Cloud de The Flying Pickets gravado en directo no Albany Empire (1982), e tamén publicado en The Best of the Flying Pickets (Only You) EMI 1991 Bájate de mi nube, en español de Los Reos (México), Discos Peerless, 1966. Bájate de mi nube, en español de Los Johnny Jets (México), Discos Columbia, 1966.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Keno's ROLLING STONES Web Site Análises e información sobre todas as cancións de The Rolling Stones.

Categoría:Cancións de The Rolling Stones Categoría:Sinxelos de 1965