Acontecementos 29 de marzo - Fernando VII aproba a Pragmática Sanción que ratificaba a Pragmática de 1789 que restablecía o sistema de sucesión segundo o cal as mulleres podían reinar se non tiñan irmáns homes. 6 de abril - Fundación do mormonismo. En Francia, a Revolución de 1830 forza a abdicación do rei Carlos X. 9 de xullo - Proclamación en Francia da Monarquía de Xullo, accedendo ao trono Lois Filipe I como rei dos franceses. 25 de agosto - Inicio da Revolución Belga, que culmina coa independencia da Bélxica en relación ós Países Baixos. Guillerme IV sobe ao trono do Reino Unido, sucedendo ao seu irmán Xurxo IV. Francia invade Alxeria.

Arte e literatura

Eugène Delacroix pinta A Liberdade guiando o pobo. 11 de marzo - Estrea no Gran Teatro La Fenice de Venecia da ópera I Capuleti e i Montecchi, de Vicenzo Bellini. 13 de novembro - Stendhal publica a súa novela Le Rouge et le Noir. 5 de decembro - Estrea no Conservatorio de París da Sinfonía fantástica de Hector Berlioz. 26 de decembro - Estrea no Teatro Carcano de Milán da ópera Anna Bolena, de Gaetano Donizetti.

Nacementos 8 de xaneiro - Hans von Bülow, pianista e compositor alemán (m. 1894). 12 de xaneiro - Nicanor Alvarado Casanova, político galego (m. 1896). 18 de xaneiro - Grigor Parlichev, escritor e tradutor búlgaro (m. 1893). 30 de xaneiro - Henri Rochefort, escritor, xornalista e político francés (m. 1913). 3 de febreiro - Robert Arthur Talbot Gascoyne-Cecil, primeiro ministro británico (m. 1903). 22 de febreiro - Pedro Mateo Sagasta, enxeñeiro e político español (m. 1908). 15 de marzo Paul von Heyse, escritor alemán, Premio Nobel de Literatura en 1910 (m. 1914). Élisée Reclus, xeógrafo e anarquista francés (m. 1905). 21 de marzo - Emilio Álvarez Giménez, escritor e político galego (m. 1911). 30 de marzo - Julius Bahnsen, filósofo alemán (m. 1881). 9 de abril - Eadweard Muybridge, fotógrafo e investigado inglés (m. 1904). 21 de abril - Juan Sanmartín Serna, escultor galego (n. 1898). 3 de maio - Tord Tamerlan Teodor Thorell, aracnólogo sueco (m. 1901). 9 de maio - Manuel Batanero Montenegro, avogado e político galego (m. 1888). 29 de maio - Louise Michel, anarquista francesa (m. 1905). 5 de xuño - Carmine Crocco, guerrilleiro italiano (m. 1905). 8 de xuño - Juan Manuel Blanes, pintor uruguaio (m. 1901). 10 de xullo - Camille Pissarro, pintor francés (m. 1903). 20 de xullo - José Montero Ríos, médico e político galego (m. 1890). 18 de agosto - Francisco Xosé I, monarca austro-húngaro (m. 1916). 20 de agosto - Eduard Suess, xeólogo austríaco (m. 1914). 8 de setembro - Frédéric Mistral, escritor francés de lingua occitana, Premio Nobel de Literatura en 1904 (m. 1914). 13 de setembro - Cristino Martos, avogado e político galego (m. 1893). 15 de setembro - Porfirio Díaz, presidente do México (m. 1915). 26 de setembro - Okubo Toshimichi, estadista xaponés (m. 1878). 3 de outubro - Albert Günther, zoólogo británico (m. 1914). 10 de outubro - Isabel II de España (m. 1904). 30 de outubro - Claudio Amoedo, médico arxentino (m. 1871). 1 de novembro - Angeline Stickney, sufraxista, abolicionista e matemática estadounidense (m. 1892). 5 de novembro - Ramón García Vicetto, xornalista e escritor galego (m. 1907). 3 de decembro - Francisco Menéndez Valdivieso, presidente do Salvador (m. 1890). 10 de decembro - Emily Dickinson, poeta estadounidense (m. 1886). 11 de decembro - Kemehameha V, rei de Hawai (m. 1872). 15 de decembro - Porfirio Díaz, militar e político mexicano (m. 1915). Fausto Garagarza, profesor e político español (m. 1905). Remigio Garrido Bouzas, sacerdote e escritor galego (m. 1907). José López de la Vega, médico e escritor galego (m. 1888).

Mortes 2 de xaneiro - Xosé Ferreiro, escultor neoclasicista galego (n. 1738). 7 de xaneiro - Carlota Xoaquina de Borbón, raíña consorte de Portugal (n. 1775). 9 de abril - Hew Whiteford Dalrymple, militar británico (n. 1750). 16 de maio - Jean-Baptiste Joseph Fourier, matemático e físico francés (n. 1768). 4 de xuño - Antonio José de Sucre, libertador suramericano, asasinado (n. 1795). 26 de xuño - Xurxo IV, rei do Reino Unido (n. 1762). 24 de agosto - Louis Jean Pierre Vieillot, ornitólogo francés (n. 1748). 18 de outubro - Lois Corral Rodríguez, escritor galego (n. 1784). 30 de novembro - Pío VIII, papa (n. 1761). 8 de decembro - Benjamin Constant, escritor e político franco-suízo (n. 1767). 17 de decembro - Simón Bolívar, libertador da Colombia, Venezuela e outros países da América do Sur (n. 1783)

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1830