Un metro de columna de auga é unha unidade de presión que equivale á presión exercida por unha columna de auga pura dun metro de altura. A súa abreviatura é m.c.a. ou mca, existindo tamén o múltiplo de milímetro columna de auga ou mm.c.a.

Utilízase sobre todo en fontanería e calefacción. As principais equivalencias con outras unidades de presión amósanse a continuación:

1 mca = 0,1 kgf/cm² 1 mca = 9.806,65 Pa 1 atm. = 10,33 mca 1 bar = 10,2 mca 1 kg/cm2 = 10 mca

A presión relativa baixo unha columna de auga de 1m de altura é: P = 1000 (kg/m³) · 1 (m) · 9,80665 (m/s2) = 9806,65 Pa

Como regra mnemotécnica, considérase que debaixo da auga a presión aumenta unha atmosfera por cada 10m de profundidade.

Véxase tamén Ligazóns externas Conversión de Metro de columna de auga noutras unidades

Categoría:Unidades de presión