O antropónimo Paio (apelido patronímico: Páez), proveniente (do latín Pelagius polo grego Πελάγιος), pode referirse a:

Paio da Bretaña ou Pelaxio, monxe britano a quen é atribuída a doutrina do Pelaxianismo (c. 360-435); Paio I, papa da Igrexa Católica entre o 556 e o 561 (c. 500-561); Paio II, papa da Igrexa Católica entre o 579 e o 590 (f. 590); Paio de Asturias, caudillo en Asturias (c. 718-737); Paio, ermitán galego descubridor do sepulcro do Apóstolo Santiago (século IX); San Paio, mártir cristián galego (911-925); Paio Rodríguez, prelado galego, que foi bispo de Iria Flavia entre 977 e 985; Paio Díaz, prelado galego, que foi bispo de Iria Flavia entre 1003 e c. 1008; Paio de Oviedo, prelado galego, que foi bispo de Oviedo (f. 1153); Paio Gómez Chariño, poeta e nobre galego, que foi señor de Rianxo e adiantado mor de Galiza (c. 1225-1295); Paio Gómez de Soutomaior, nobre galego (f. 1454).

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza Paio, lugar da parroquia de Oza, no concello de Oza Cesuras; Paio, lugar da parroquia de Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal; Paio, lugar da parroquia de Pousada, no concello de Sobrado; Paio, lugar da parroquia de Bembrive, no concello de Vigo; O Paio, lugar da parroquia das Achas, no concello da Caniza; Paio Rodríguez, lugar da parroquia de Santa María de Lurdes, no concello de Curtis; O Casal do Paio, lugar da parroquia do Deveso, no concello das Pontes de García Rodríguez; Lama de Paio, lugar da parroquia de Lampaza, no concello de Rairiz de Veiga; Lama de Paio, lugar da parroquia de Torbeo, no concello de Ribas de Sil; Vilar de Paio Muñiz, lugar da parroquia da Merca, no concello da Merca; A Paioca, lugar da parroquia de Quembre, no concello de Carral; A Paiola, lugar da parroquia de Alba, no concello de Vilalba; A Paiola, lugar da parroquia de Distriz, no concello de Vilalba; Paiolante, lugar da parroquia de Quembre, no concello de Carral; Paiosaco, lugar da parroquia de Larín, no concello de Arteixo; Paiosaco, lugar da parroquia de Lestón, no concello da Laracha; Paioso, lugar da parroquia de Vilardecás, no concello de Maceda; Casalpaio, lugar da parroquia de Frades, no concello da Estrada; O Portopaio, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo.

Véxase tamén Outros artigos