miniatura|dereita|Estradiol.Número CAS: 50-28-2. Nome IUPAC: (17β)-​estra-​1,​3,​5(10)-​triene-​3,​17-​diol. miniatura|dereita|Modelo do estradiol.

O estradiol (E2 ou 17β-estradiol ou β-estradiolChemSpider beta-estradiol ) é unha hormona esteroide sexual feminina, que pertence ao grupo dos estróxenos, xunto co estriol e a estrona. O estradiol abréviase como E2, xa que ten dous grupos hidroxilo no seu anel D PubChem compound Estradiol (a estrona ou E1 ten un, e o estriol ou E3 ten 3). O estradiol é arredor de 10 a 12 veces máis potente que a estrona e arredor de 80 veces máis potente có estriol nos seus efectos estroxénicos. Os seus niveis sanguíneos son algo máis altos cós da estrona durante os anos reprodutivos da muller, agás na fase folicular inicial do ciclo menstrual. Por tanto, o estradiol é o estróxeno predominante durante os anos reprodutivos tanto nos niveis séricos absolutos coma tamén na actividade estroxénica. Durante a menopausa, a estrona é o estróxeno predominante, e durante o embarazo o estriol é o estróxeno predominante en termos de niveis séricos, aínda que a súa potencia estroxénica é pequena. O estradiol tamén está presente nos homes, nos que o encima aromatase o produce como un metabolito activo da testosterona. Os niveis de estradiol nos homes (8-40 pg/mL) son aproximadamente comparables aos dunha muller posmenopáusica. O estradiol "in vivo" non se pode converter en estrona; e está favorecida a conversión do estradiol en estrona. O estradiol non só ten un impacto crítico no funcionamento sexual e reprodutivo, senón que tamén afecta a outros órganos, como os ósos.

Síntese miniatura|esquerda|400px|Esteroidoxénese humana, na que se mostra o estradiol, na esquna inferior dereita en rosa. O estradiol, igual que outros esteroides, é un derivado do colesterol. Despois do corte da cadea lateral e usando a vía delta-5 ou delta-4, fórmase a androstenediona, que é o intermediario chave. Unha fracción da androstenediona é convertida en testosterona, que á súa vez é transformada en estradiol polo encima aromatase. Nunha vía alternativa, a androstenediona é aromatizada a estrona, que posteriormente é convertida en estradiol.

Produción Durante os anos reprodutivos, a maioría do estradiol nas mulleres prodúceno as células da granulosa dos ovarios por aromatización da androstenediona (producida nas células foliculares tecais) a estrona, seguido pola conversión de estrona en estradiol por acción do encima 17β-beta hidroxiesteroide deshidroxenase. Tamén se producen pequenas cantidades de estradiol polo córtex suprarrenal, e (nos homes), polos testículos.

O estradiol non se produce só nas gónadas: En ambos os sexos, as hormonas precursoras (especificamente a testosterona) son convertidas por aromatización en estradiol. En particular, o tecido adiposo é activo na conversión dos precursores en estradiol, e continúa facéndoo despois da menopausa. O estradiol tamén se produce no cerebro e nas paredes arteriais.

Modo de acción O estradiol entra libremente nas células e interacciona co seu receptor intracelular. Unha vez que o receptor de estróxenos se uniu coa hormona, o estradiol pode entrar no núcleo celular da célula diana, e regular a transcrición, que leva á formación do ARN mensaxeiro específico, que será traducido nos ribosomas producindo as proteínas específicas que determinarán o efecto da hormona.

O estradiol únese ben a ambos os receptores estroxénicos, o ERα e o ERβ, a diferenza doutros estróxenos, especialmente os farmacolóxicos, que actúan só sobre un deses receptores. Estes medicamentos denomínanse moduladores selectivos dos receptores estroxénicos (SERMs).

O estradiol é o estróxeno natural máis potente.

Metabolismo No plasma sanguíneo, a maioría do estradiol está unido á globulina fixadora de hormonas sexuais (SHBG), ou á albumina. Só unha fracción do 2,21% (+/- 0,04%) está libre e bioloxicamente activa; a porcentaxe restante mantense invariable ao longo do ciclo menstrual. A desactivación inclúe a conversión nun estróxeno menos activo, como a estrona ou o estriol. O estriol é o principal metabolito urinario. O estradiol é conxugado no fígado, formándose un sulfato e un glicurónido e, así é excretado polos riles. Algúns conxugados solubles en auga son excretados a través do conduto biliar, e son parcialmente reabsorbidos despois de sufrir hidrólise desde o tracto intestinal. Esta circulación enterohepática contribúe ao mantemento dos niveis de estradiol.

Medición As medicións dos niveis de estradiol nas mulleres reflicten principalmente a actividade dos ovarios. Son útiles na detección dos estróxenos basais en mulleres con amenorrea ou disfunción menstrual, e para detectar os estados de hipoestroxenismo e menopausa. Ademais, o monitoreo de estróxenos durante as terapias de fertilidade avalía o crecemento folicular e é útil no monitoreo do tratamento. Os tumores que producen estróxeno mostran niveis persistentemente altos de estradiol e doutros estróxenos. Na puberdade precoz, os niveis de estradiol están moi incrementados.

Rangos miniatura|450px|Rangos de referencia para análises de sangre que mostran a concentración de estradiol durante o ciclo menstrual.References and further description of values are given in image page in Wikimedia Commons at Commons:File:Estradiol during menstrual cycle.png - Os rangos denominados na figura By biological stage (por fase biolóxica) poden ser usados en ciclos menstruais estritamente monitorizados en relación con outros marcadores da súa progresión biolóxica, coa escala de tempo comprimida ou estirada segundo o rapidamente ou lentamente que, respectivamente, progrese o ciclo comparado cun ciclo medio. - Os rangos denominados na figura Inter-cycle variability (variabilidade entre ciclos) son máis apropiados para usalos en ciclos non monitorizados nos que só se coñece o inicio da menstruación, pero nos que a muller sabe con precisión a duración do seu ciclo medio e o momento da ovulación, e que son máis ben regulares como media, coa escala de tempo comprimida ou estirada segundo o ciclo medio da muller sexa máis curto ou máis longo, respectivamente, que o ciclo medio da poboación. - Os rangos denominados na figura Inter-woman variability (variabilidade entre mulleres) son máis apropiados para utilizalos cando a duración do ciclo medio e o momento da ovulación non se coñecen, e só se sabe o comezo da menstruación. Rangos de referencia para o estradiol Tipo de pacienteLímite inferiorLímite superiorUnidade Adulto masculino 50GPNotebook - reference range (oestradiol) Consultado o 27 de setembro de 2009 200 pmol/L 14Derived from molar values using molar mass of 272.38g/mol 55 pg/mL Adulto feminino (Fase folicular, día 5) 70<font size=1>95% PI (estándar) 500<font size=1>95% PI pmol/L 110Values taken from day 1 after LH surge in: Establishment of detailed reference values for luteinizing hormone, follicle stimulating hormone, estradiol, and progesterone during different phases of the menstrual cycle on the Abbott ARCHITECT analyzer. Reto Stricker, Raphael Eberhart, Marie-Christine Chevailler, Frank A. Quinn, Paul Bischof and Rene´ Stricker. Clin Chem Lab Med 2006;44(7):883–887 PMID 16776638. Alternative link: <font size=1>90% PI (usado no diagrama) 220<font size=1>90% PI 19 <font size=1>(95% PI) 140 <font size=1>(95% PI) pg/mL 30 <font size=1>(90% PI) 60 <font size=1>(90% PI) Adulto feminino (máximo preovulatorio) 400 1500 pmol/L 110 410 pg/mL Adulto feminino (Fase lútea) 70 600 pmol/L 19 160 pg/mL Adulto feminino - Libre 0.5Total amount multiplied by 0.022 according to 2.2% presented in: 9 pg/mL 1.7 33 pmol/L Muller posmenopáusica N/A < 130 pmol/L N/A < 35 pg/mL

No ciclo menstrual normal, os niveis de estradiol xeralmente son de <50 pg/ml durante a menstruación, aumentan co desenvolvemento folicular (máximo: 200 pg/ml), baixan lixeiramente durante a ovulación, e soben novamente durante a fase lútea ata un segundo máximo. Ao final da fase lútea, os niveis de estradiol diminúen aos niveis menstruais a menos que se produza un embarazo.

Durante o embarazo, os niveis de estróxeno, incluíndo os de estradiol, aumentan de forma constante cara ao final do mesmo. A fonte destes estróxenos é a placenta, que aromatiza as prohormonas producidas na glándula suprarrenal fetal.

Efectos Reprodución femenina Nas mulleres, o estradiol actúa como unha hormona de crecemento para os órganos reprodutivos, favorecendo o revestimento da vaxina, as glándulas cervicais, o endometrio, e o revestimento das trompas de Falopio. Estimula o crecemento do miometrio. O estradiol parece ser necesario para o mantemento dos ovocitos no ovario. Durante o ciclo menstrual, o estradiol producido polo folículo en crecemento orixina, por medio dun sistema de retroalimentación positiva sobre o eixe hipotalámico-hipofisario un incremento nos niveis de hormona luteinizante, inducindo a ovulación. Na fase lútea, o estradiol xunto coa proxesterona, preparan o endometrio para a implantación. Durante o embarazo, os niveis de estradiol aumentan debido á secreción da placenta, que aromatiza as prohormonas producidas na glándula suprarrenal fetal. Nos mandrís, o bloqueo da produción de estróxeno conduce a unha perda do embarazo, o que suxire que o estradiol ten un papel no mantemento do embarazo. Estase a investigar o papel dos estróxenos no proceso da iniciación do parto. As accións do estradiol son requiridas antes da exposición previa de proxesterona na fase lútea.

Desenvolvemento sexual O desenvolvemento das características sexuais secundarias nas mulleres é impulsado polos estróxenos, e máis especificamente, polo estradiol. Estes cambios inícianse na puberdade, a maioría aceléranse durante a idade reprodutiva, e fanse menos acusados coa diminución da influencia do estradiol despois da menopausa. Así, o estradiol aumenta o desenvolvemento dos peitos, e é responsable dos cambios na figura do corpo, afectando aos ósos, as articulacións e depósitos de graxa. O estradiol modifica a estrutura lipídica e a composición da pel.

Reprodución masculina O efecto do estradiol (e outros estróxenos) na reprodución masculina é complexo. O estradiol prodúcese no corpo masculino nas células de Sertoli dos testículos (onde a testosterona se aromatiza a 17β-estradiol). A súa función é previr a apoptose das células do esperma.

Varios estudos detectaron unha diminución nas contaxes de espermatozoides nos homes de varias partes do mundo, e suxeriuse que a causa é a exposición a estróxenos no medio ambiente. A supresión da produción de estradiol nunha subpoboación de homes subfértiles podería mellorar os resultados das análises de seme.

Os homes que presentan anomalías no seu número de cromosomas sexuais, como ocorre na síndrome de Klinefelter, teñen niveis elevados de estradiol.

Masa ósea O estradiol ten un profundo efecto na masa ósea. Os individuos sen estradiol (e outros estróxenos) serán altos e eunucoides, xa que o peche das epífises se atrasa ou non pode efectuarse. A estrutura dos ósos tamén está afectada, orixinando unha temperá osteopenia e osteoporose. As mulleres despois da menopausa experimentan unha perda acelerada de masa ósea debido a unha deficiencia de estróxenos.

Fígado O estradiol ten efectos complexos no fígado. Pode levar á colestase. O estradiol afecta a produción de varias proteínas, como as lipoproteínas, proteínas de unión, e proteínas responsables da coagulación.

Cerebro Os estróxenos poden producirse no cerebro a partir de precursores de esteroides. Teñen unha función neuroprotectora como antioxidantes.

O sistema de retroalimentación positiva e negativa do ciclo menstrual implica o estradiol ovárico como vínculo co sistema hipotalámico-hipofisario para regular as gonadotropinas.