A ASOBAL, acrónimo da Asociación de Clubes Españoles de Balonmano (en galego: Asociación de Clubs Españois de Balonmán), é unha asociación deportiva española sen ánimo de lucro fundada en 1984. Por delegación da Real Federación Española de Balonmán, a ASOBAL é a encargada de organizar as catro principais competicións masculinas de clubs do país: a Liga ASOBAL, a Copa ASOBAL, a Copa do Rei e a Supercopa.Juan de Dios Román, nuevo presidente de la Federación de Balonmano elpais.com

Na actualidade, a ASOBAL está integrada polos 16 equipos que disputan a máxima categoría do balonmán masculino español, aínda que a pertenza á asociación non é un requirimento indispensable para poder disputar esta categoría.

Membros fundadores BM Granollers Málaga Balonmano Elgorriaga Bidasoa G.D. Teka C.B. Tecnisan Teucro Caja Pontevedra Fútbol Club Barcelona Beti-Onak Atlético de Madrid Naranco Oviedo C.D. Cajamadrid Corona 3 de Mayo Tenerife Michelín Valladolid

Membros da asociación en 2007/2008 C.D. Ademar León BM Ciudad de Almería Sociedad Deportiva Teucro Juventud Deportiva Arrate Futbol Club Barcelona Academia Octavio Balonmano Ciudad Real Teka Cantabria BM Granollers Portland San Antonio Balonmano Torrevieja BM Valladolid BM. Antequera Algeciras BM. BM. Ciudad de Logroño CAI BM Aragón

Competicións Por delegación da Federación Española de Balonmán, a ASOBAL é a encargada de organizar as seguintes competicións: Liga ASOBAL Copa ASOBAL Copa do Rei de balonmán Supercopa de España de balonmán

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da ASOBAL Balonmán - Asobal

Categoría:Balonmán en España