miniatura|dereita|Oxitocina. Número CAS: 50-56-6. miniatura|dereita|Modelo da oxitocina. A oxitocina (do grego ὀξύς oxis, 'rápido', e τόκος tokos, 'nacemento') é unha hormona peptídicaPubChem compound OxytocinChemSpider Pitocin CHEBI Oxytocin relacionada cos patróns sexuais e a conduta maternal e paternal, que actúa tamén como neurotransmisor no cerebro. Nas mulleres, a oxitocina libérase en grandes cantidades tras a distensión do cérvix uterino e a vaxina durante o parto, e mais en resposta á estimulación da mamila pola succión do bebé, facilitando o parto e a lactación. Durante o parto e a lactación actúa sobre o músculo liso.
Recentes estudos investigaron o papel da oxitocina no sistema nervioso e comportamento, como no orgasmo, recoñecemento social, emparellamento, ansiedade, e comportamentos maternais. Por esta razón, ás veces denomínase "hormona do amor". A incapacidade de segregar oxitocina pode asociarse á falta de empatía, sociopatía, psicopatía ou narcisismo.
Síntese e secreción A oxitocina é un péptido sintetizado a partir dunha proteína precursora inactiva longa codificada no xene OXT do cromosoma 20 humano. Esta proteína precursora tamén inclúe na súa secuencia a proteína transportadora da oxitocina, a neurofisina I. O precursor inactivo é progresivamente hidrolizado en fragmentos máis pequenos (un dos cales é a neurofisina I) por acción dunha serie de encimas. A última destas hidrólises, catalizada pola peptidilglicina alfa-amidante monooxixenase (PAM), libera o nonapéptido activo de oxitocina.
A actividade do sistema do encima PAM depende do ascorbato, que é un cofactor vitamínico necesario. Descubriuse casualmente que o ascorbato de sodio por si só estimulaba a produción de oxitocina dos tecidos ováricos en determinados rangos de concentración dun modo dependente da dose. Moitos dos mesmos tecidos (como ovarios, testículos, ollos, glándulas adrenais, placenta, timo, páncreas) onde se encontran a PAM (e a oxitocina) sábese que almacenan grandes cantidades de vitamina C (ascorbato).
Fontes neurais miniatura|dereita|A oxitocina (modelo de bólas á dereita) unida á proteína transportadora neurofisina (modelo de fitas, que ocupa case toda a imaxe). A oxitocina sintetízase no hipotálamo e segrégase na neurohipófise ou pituitaria posterior. No hipotálamo a oxitocina prodúcese nas células magnocelulares neurosecretoras dos núcleos supraóptico e paraventricular e almacénase nos corpos de Herring nos terminais axónicos da neurohipófise. Despois, libérase aos vasos sanguíneos da neurohipófise. Estes axóns (probablemente, pero non se pode desbotar que sexan dendritas) teñen colaterais que innervan os receptores de oxitocina no núcleo accumbens. Suxeriuse que os efectos hormonais periféricos e os efectos cerebrais sobre o comportamento da oxitocina están coordinados pola súa liberación común a través destes colaterais. A oxitocina tamén se produce nalgunhas neuronas do núcleo paraventricular que se proxectan a outras partes do cerebro e da medula espiñal. Dependendo da especie, as células que expresan receptores para oxitocina están localizadas noutras áreas, como a amígdala e zonas da estría terminal.
Na hipófise a oxitocina almacénase en grandes vesículas de núcleo denso, onde se une á neurofisina I como se mostra na figura; a neurofisina é un fragmento grande peptídico da proteína precursora máis grande da cal se deriva a oxitocina por corte encimático.
A secreción desta substancia nas terminacións neurosecretoras está regulada pola actividade eléctrica das células oxitócicas do hipotálamo. Estas células xeran potenciais de acción que se propagan polo axón ata os terminais nerviosos neurohipofisarios; os terminais conteñen gran cantidade de vesículas ricas en oxitocina que se libera por exocitose cando se despolarizan os terminais nerviosos.
Fontes extraneurais Fóra do cerebro foron identificadas células que conteñen oxitocina en varios tecidos, como o corpo lúteo, células de Leydig, a retina, e a medula adrenal, a placenta, o timo e o páncreas. O descubrimento de cantidades significativas desta hormona clasicamente "neurohipofisaria" fóra do sistema nervioso central suscita moitas preguntas sobre a súa posible importancia en ditos tecidos non neurais.
A oxitocina sintetízase no corpo lúteo en varias especies, incluíndo ruminantes e primates. Xunto co estróxeno, está implicado na síntese endometrial de prostaglandina F2α que causa a regresión do corpo lúteo.
As células de Leydig dalgunhas especies tamén poden fabricar oxitocina de novo, concretamente en ratas (que poden producir vitamina C endoxenamente), e cobaias, que, igual cós humanos, requiren unha fonte exóxena dietaria de vitamina C (ascorbato).
Estrutura e relación coa vasopresina A oxitocina é un péptido de nove aminoácidos (nonapéptido). A súa secuencia é cisteína - tirosina - isoleucina - glutamina - asparaxina - cisteína - prolina - leucina - glicina (CYIQNCPLG). Os residuos de cisteína forman unha ponte disulfuro. A oxitocina ten unha masa molecular de 1007 daltons. Unha unidade internacional (UI) de oxitocina equivale a uns 2 microgramos de péptido puro.
A forma activa da oxitocina, xeralmente medida por radioinmunoensaio (RIA) ou cromatografía líquida de alta resolución (HPLC), coñécese como o octapéptido "oxitocina disulfuro" (forma oxidada), pero a oxitocina existe tamén en forma reducida como ditiol nonapéptido chamado oxitoceína. Suxeriuse que a forma de cadea aberta oxitoceína (a forma reducida da oxitocina) pode tamén actuar como neutralizador de radicais libres (doando un electrón a un radical libre); a oxitoceína pode despois ser oxidada de novo a oxitocina por medio do potencial redox do deshidroascorbato ↔ ascorbato.
A estrutura da oxitocina é moi similar á da vasopresina (cuxa secuencia é: cisteína - tirosina - fenilalanina - glutamina - asparaxina - cisteína - prolina - arxinina - glicina), tamén un nonapéptido cunha ponte disulfuro, cunha secuencia que só difire da oxitocina en dous aminoácidos. Forma parte da superfamilia da vasopresina/oxitocina.
A oxitocina e a vasopresina son as únicas hormonas coñecidas liberadas pola neurohipófise en humanos que actúan a distancia (aínda que se sintetizan no hipotálamo). Porén, as neuronas oxitócicas hipotalámicas fabrican outros péptidos, como a hormona liberadora da corticotropina (CRH) e dinorfina, por exemplo, que actúan localmente. As neuronas magnocelulares que fabrican oxitocina están adxacentes ás neuronas magnocelulares que sintetizan vasopresina e son similares en moitos aspectos.
Estimulación da liberación de oxitocina Os principais estímulos que provocan a liberación da oxitocina cara á corrente sanguínea son a succión da mamila, a estimulación dos xenitais e a distensión do cérvix uterino, estímulo que se coñece como reflexo de Ferguson.
Efectos da oxitocina A oxitocina posúe efectos periféricos (hormonais) e centrais no cerebro (neurotransmisor). Os efectos están mediados por receptores específicos de alta afinidade. O receptor da oxitocina é un receptor acoplado á proteína G que require Mg++ e colesterol. Pertence ao grupo de receptores acoplados á proteína G do tipo da rodopsina (clase I).
Accións periféricas (hormonais) As accións periféricas da oxitocina débense principalmente á secreción na hipófise (véxase receptor de oxitocina para máis detalles).
Lactación. En nais que dan o peito aos seus fillos, a oxitocina actúa nas glándulas mamarias causando a secreción de leite cara a unha cámara colectora, desde a cal pode extraerse por succión da mamila. A sensación da succión do meniño na mamila transmítese por nervios espiñais ao hipotálamo. A estimulación do hipotálamo induce ás neuronas produtoras a fabricar oxitocina disparando os potenciais de acción de forma intermitente; o que ten como resultado a secreción de pulsos de oxitocina desde os terminais nerviosos neurosecretores da neurohipófise (activando a secreción de leite e pechando o ciclo de retroalimentación positiva). Contracción uterina. É importante para a dilatación cervical previa ao parto, e para as contraccións durante as fases secundaria e terciaria do parto. A liberación de oxitocina durante a lactación causa tamén contraccións moderadas e a miúdo dolorosas durante as primeiras semanas de lactación, o que axuda á recuperación do útero e a coagulación da área de unión da placenta tras o parto. Porén, en estudos feitos con ratos knockout que carecían do receptor específico de oxitocina , a conduta reprodutiva e de parto era normal.Takayanagi Y et al. (2005) Pervasive social deficits, but normal parturition, in oxytocin receptor-deficient mice. Proc Natl Acad Sci USA 102:16096-101 PMID 16249339 A relación entre oxitocina e a resposta sexual humana é incerta. Polo menos dous estudos sen control encontraron un aumento nos niveis sanguíneos de oxitocina durante o orgasmo tanto en homes coma en mulleres.Carmichael MS, Humbert R, Dixen J, Palmisano G, Greenleaf W, Davidson JM (1987). "Plasma oxytocin increases in the human sexual response," J Clin Endocrinol Metab 64:27-31 PMID 3782434Carmichael MS, Warburton VL, Dixen J & Davidson JM (1994). "Relationship among cardiovascular, muscular, and oxytocin responses during human sexual activity," Archives of Sexual Behavior 23 59–79. Os autores dun destes estudos suxiren que o efecto da oxitocina sobre a contracción muscular xenital pode facilitar o transporte do esperma e o óvulo. Murphy et al. (1987), nun estudo realizado en homes, encontraron que os niveis de oxitocina se elevaban durante a estimulación sexual, e que non se producía un incremento agudo no momento do orgasmo.Murphy ME, Seckl JR, Burton S, Checkley SA & Lightman SL (1987). "Changes in oxytocin and vasopressin secretion during sexual activity in men," Journal of Clinical Endocrinology and Metabolism 65:738–741. Un estudo máis recente en homes encontrou un aumento de oxitocina no plasma sanguíneo inmediatamente despois do orgasmo, mais só nunha porción da mostra que non era estatisticamente significativa. Os autores sinalaron que estes cambios "poden reflectir simplemente propiedades contráctiles do tecido reprodutivo".Kruger THC, Haake P, Chereath D, Knapp W, Janssen OE, Exton MS, Schedlowski M & Hartmann U (2003). "Specificity of the neuroendocrine response to orgasm during sexual arousal in men," Journal of Endocrinology 177:57–64 Debido á súa semellanza coa vasopresina, pode reducir lixeiramente a excreción de urina. E o que é máis importante, nalgunhas especies, a oxitocina pode estimular a excreción de sodio polos riles (natriurese), e en humanos, doses altas de oxitocina poden dar lugar a hiponatremia. A oxitocina e os seus receptores encóntranse tamén no corazón nalgúns roedores, e a hormona pode xogar un papel no desenvolvemento embrionario do corazón promovendo a diferenciación de cardiomiocitos.Paquin J et al.(2002) Oxytocin induces differentiation of P19 embryonic stem cells to cardiomyocytes. Proc Natl Acad Sci USA 99:9550-5 PMID 12093924Jankowski et al. (2004) Oxytocin in cardiac ontogeny. Proc Natl Acad Sci USA 101:13074-9 online PMID 15316117 Porén, non se informou de que a ausencia de oxitocina ou do seu receptor en ratos knockout orixine insuficiencias cardíacas. Modulación da actividade do eixe hipotalámico-hipofisario-adrenal. A oxitocina, en certas circunstancias, inhibe indirectamente a liberación de hormona adrenocorticotropa e de cortisol e, nesas situacións, pode considerarse un antagonista da vasopresina.Walenty Hartwig - Practical Endocrinology, ISBN 83-200-1415-8
Accións da oxitocina no cerebro e efectos no comportamento