O Partido Socialista del Pueblo de Ceuta (PSPC) é un partido político español co ámbito de actuación na cidade autónoma de Ceuta. Foi inscrito no rexistro de partidos políticos do Ministerio de Interior o 31 de xaneiro de 1986, culminando o traballo da xestora creada en 1985. O seu secretario xeral actual é Iván Chaves Bermejo. Historia O PSPC nace tras a moción de censura ao alcalde de Ceuta, Francisco Fraiz (PSOE), en 1985. Varios membros do PSOE xunto a ex-militantes do PCE, que pechara a súa sede en Ceuta a principios dos oitenta, deciden crear un proxecto localista baixo postulados progresistas. O PSPC concorreu a todas as eleccións municipais e autonómicas, tendo representación no concello e posterior Asemblea de Ceuta entre 1986 e 1999. Entre o 2000 e 2007 quedou sempre a menos dun punto de obter representación. Tamén se presentou a todas as eleccións xerais a excepción das de 1991 nas que apoiou ao PSOE. Entre 1988 e 1991 formou parte do Goberno de Ceuta no tripartito PSOE-CDS-PSPC.

A principios de 2009 iniciáronse negociacións con Unión Demócrata Ceutí (UDCE), partido co que viña colaborando desde anos atrás. UDCE permitiu que membros do PSPC se integraran en distintos consellos de administración de sociedades municipais. As negociacións deron un paso cara a adiante tras a celebración da V asemblea da UDCE na que o PSPC foi presentado de forma oficial ás bases. O 19 de marzo foi presentada a coalición de ambas formacións políticas baixo a denominación de CaballasUDCE y PSPC dan a luz 'Caballas' como un proyecto "para sacudir el alcanfor de Ceuta" 20 de marzo de 2010. El Pueblo de Ceuta.

Secretarios Xerais do PSPC 1986-1992 Alejandro Curiel Cabezudo

1992-2005 José Antonio Alarcón Caballero 2005- Iván Chaves Bermejo

Notas

Véxase tamén Ligazón externa Web Oficial do Partido Socialista do Pobo de Ceuta.

Categoría:Partidos políticos de Ceuta