Hasheem Thabeet, nado Hashim Thabit Manka o 16 de febreiro de 1987 en Dar es Salaam, é un xogador profesional tanzano de baloncesto que xoga nos Grand Rapids Drive da NBA Development League.
Traxectoria deportiva Profesional Thabeet foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Memphis Grizzlies, e converteuse no primeiro xogador tanzano da NBA. O 25 de febreiro de 2010, foi enviado aos Dakota Wizards da NBA Development League.Grizzlies send Thabeet to NBDL team Foi chamado de volta o 8 de marzo de 2010.
O 24 de febreiro de 2011, o día límite de traspasos, foi traspasado aos Houston Rockets xunto a unha elección de primeira rolda do Draft a cambio de Shane Battier. Foi asignado outra vez á D-League, desta vez aos Rio Grande Valley Vipers, o 21 de marzo de 2011. O 11 de abril de 2011, foi chamado de volta polos Rockets.
O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto a Jonny Flynn a cambio de Marcus Camby.
O 11 de xullo de 2012, asinou coma axente libre polos Oklahoma City Thunder.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ESPN Perfil en NBA Draft.net Perfil nos UConn Huskies Perfil na NBA D-League
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto de Tanzania Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Oklahoma City Thunder Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies