María Xosé Rodríguez Galdo, nada en Ferrol o 23 de febreiro de 1949, é unha historiadora da economía galega. Traxectoria Catedrática de Historia e Institucións Económicas, foi vicerreitora da Universidade de Santiago de Compostela (1984-1986), directora do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) (1986-1991), vicepresidenta do Consello da Cultura Galega, directora do Centro de Estudios de Población y Análisis de las Migraciones (CEPAM) e do portal www.emigratio.com, e pertence ao CIFEX e ao Seminario Mulleres e Universidades da USC. Dende 2009 é directora do Centro de Estudos Avanzados – Casa Europa.
Obra en galego Ensaio A crise agraria de 1853 e a emigración galega a Cuba, 1977. O fluxo migratorio dos séculos XVIII ó XX, 1995.
Obras colectivas Textos para a historia das mulleres en Galicia, 1999, Consello da Cultura Galega (coordinadora).
Obra en castelán Ensaio Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XV, 1976. Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, 1981 (con Fausto Dopico). Contribución española a la formación del mercado de trabajo en Argentina (1882-1926): una evaluación a partir de las listas de pasajeros argentinas, 2003. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Currículo na Universidade de Alacant
Categoría:Historiadores de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1949 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Historiadores económicos