Luis de Trelles Noguerol, nado en Viveiro o 20 de agosto de 1819 e finado en Zamora o 1 de xullo de 1891, foi avogado, político e xornalista galego, fundador da Adoración Nocturna Española.
Traxectoria Cursou os seus estudos no Seminario de Mondoñedo, e dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como avogado en Viveiro, A Coruña e Madrid. Foi catedrático do Notariado na Coruña e impartiu clases de Dereito Civil na Facultade de Dereito da USC. Foi redactor de El Oriente, de Madrid (1853), órgano do novo partido Unión Liberal, dirixido por Vicente Manuel Cociña, e logo da marcha de Cociña a Córdoba substituíuno na dirección; colaborou en El Faro Nacional e El Pensamiento Español.
Foi deputado en Cortes polos distritos de Viveiro (1853-1854) e Vilademuls (Xirona) (1871). O goberno encargoulle un estudo sobre o foro galego que publicou en Faro Nacional (1859-1864). Fundou a Conferencia de San Vicente de Paúl en Viveiro (1858). Impulsou a Asociación del Culto Continuo e fundou El Centro Eucarístico de Madrid (1872), Adoración Nocturna en España (1877) e as Camareras de Jesús Sacramentado (1881).
En 1993 creouse a Fundación Luis de Trelles.
Veneración En 1994 comezou o seu proceso de beatificación na diocese de Zamora. A fase diocesana do proceso rematou en 2001, e en 2009 foi enviada á Congregación para as Causas dos Santos. O 22 de xaneiro de 2015 o papa Francisco declarouno "venerable".
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Adoración Nocturna
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Biografía na web da Fundación Luis de Trelles
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Avogados de Viveiro Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1819 Categoría:Finados en 1891 Categoría:Carlistas de Galicia Categoría:Personalidades do catolicismo de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Venerados pola Igrexa católica