Jeffrey Curtis "Jeff" Ayres, antigamente coñecido coma Jeff Pendergraph, nado o 29 de abril de 1987 en Ontario (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva NBA Pendergraph foi elixido na 31ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Sacramento Kings, e os seus dereitos foron traspasados poucos despois aos Portland Trail Blazers. Asinou un contrato cos Blazers o 8 de setembro de 2009. O seu primeiro partido na NBA foi o 22 de decembro de 2009 contra os Dallas Mavericks, onde anotou 2 puntos en 4 minutos de xogo.

Foi cortado polos Blazers antes do comezo da tempada en 2010 tras sufrir unha lesión nun encontro de postempada contra os Utah Jazz que non lle permitiría xogar no resto da tempada.

Asinou polos Indiana Pacers para a tempada 2011-12, e estivo moito tempo apartado do equipo debido a unha lesión no xeonllo sufrida o 10 de decembro de 2011.

O 11 de xullo de 2013, asinou cos San Antonio Spurs.Spurs Sign Jeff Pendergraph O 15 de xuño de 2014, Ayres gañou o seu primeiro campionato da NBA despois de que os Spurs gañaran ós Miami Heat por 4-1 nas Finais da NBA de 2014.

Vida persoal En agosto de 2013, Pendergraph fixo unha solicitud en Arizona para cambiar o seu nome a Jeff Ayres, poñendo así o apelido do seu pai biolóxico. O cambio foi anunciado oficialmente en setembro de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Perfil en ESPN.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados no condado de San Bernardino Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores do PBC CSKA Moscova