17D12 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado como propulsor orbital do transbordador espacial Buran.
Características Os motores 17D12 eran fabricados pola casa Korolev, hoxe RKK Energia, e funcionaban alimentados por oxíxeno líquido e queroseno. Usáronse como sistema de manobra orbital do transbordador espacial Buran en número de dous. Tiñan un pulo de 86,3 kN, un impulso específico de 362 s, unha presión de traballo na cámara de combustión de 78,5 bares e eran capaces de 15 encendidos. O motor en si tiña unha masa de 230 kg, unha altura de 2,27 m e un diámetro de 1,17 m.
Notas
Véxase tamén Outros artigos 17D11 17D15
Categoría:Motores foguete