17D58E é a designación dun tipo de motor foguete utilizado pola etapa Briz-M dos foguetes rusos Proton e Rokot-3 para o control de actitude.
Características Os motores 17D58E son fabricados pola casa Isayev e funcionan alimentados pola combinación hipergólica de tetróxido de nitróxeno e dimetilhidracina asimétrica (UDMH). Úsanse, xunto cos motores 11D458, na etapa Briz-M de varios foguetes rusos para o control de actitude. Teñen un pulo de 13 N, un impulso específico de 247 s e son capaces dun tempo de encendido de 3200 s.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Motores foguete