Stefano Domenicali (nado o 11 de maio de 1965) é actualmente o director do equipo Ferrari de Fórmula Un.

É fillo dun prominente banqueiro en Imola. Estudou administración de empresas na Universidade de Boloña, onde se graduou en 1991. Sempre crera que estaba destinado a facer unha carreira no automobilismo, debido ao seu lugar de nacemento.

Carreira

Uniuse a Ferrari, inmediatamente despois da súa gradación en , onde traballou na administración fiscal da empresa. Entre 1992 e 1994, foi director de carreira en Mugello estivo involucrado en MotoGP, DTM e outra serie de carreiras. En , foi nomeado xefe de persoal no departamento deportivo de Ferrari, tamén estivo implicado na coordinación de patrocinios, antes de ser promovido a xefe de equipo en decembro de , onde permaneceu ata xaneiro de . Logo dunha breve experiencia como Xerente de Loxística, converteuse en director deportivo do equipo en .

O 12 de novembro de 2007 Ferrari, anunciou que Stefano Domenicali, asumia o papel de Director do equipo Ferrari de Fórmula Un, un posto anteriormente en mans de Jean Todt. Baixo o seu liderado, Ferrari gañou o Campionato de Construtores , antes de soportar unha tempada menos competitiva en na que o equipo só gañou unha única carreira. En , o equipo gañou cinco carreiras e terminou terceiro no Campionato de Construtores, detrás de Red Bull Racing e McLaren, o mesmo resultado que en aínda que nesta tempada só gañou unha carreira.

Notas

Ligazóns externas

Categoría:Personalidades da Fórmula 1 Categoría:Scuderia Ferrari Categoría:Alumnos da Universidade de Boloña Categoría:Nados en 1965 Categoría:Directores deportivos